Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Carné de estudante

18 de noviembre de 2016

Aínda non o tes? Contámosche o procedemento para solicitalo.

Carné de estudante. Hai dúas formas de solicitalo:

Presencialmente no Centro Asociado

  • No Servizo de Secretaría do Centro Asociado.
  • Necesario traer o DNI.
  • Faise e entrégase no momento.

Por correo electrónico ou correo postal

  • Necesario achegar unha fotografía dixitalizada, en formato jpg.
  • Acompañala coa fotocopia do DNI.
  • Nuns días enviarano á dirección sinalada no correo, ou ben pódese pasar a recoller na Secretaría do Centro Asociado.

Como presentalo o día do exame

  • Mostra a túa documentación no posto de control de entrada á aula: DNI e carné de estudante UNED.
  • O teu carné será lido por unha lectora óptica, descifrando a información necesaria para que se imprima o teu exame, cos teus datos persoais e a indicación exacta do asento que se che asignou na aula: fila e columna onde debes sentarte.
  • Para máis información, contacta coa Secretaría do Centro Asociado no teléfono, 981 14 50 51 na sede A Coruña e 981 36 40 26, na Aula de Ferrol.

Recorda, o día do exame ven provisto co teu carné de estudante e co teu DNI.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es