Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Ao longo destes anos obtiven valores que son positivos para o meu futuro de fronte ao ámbito laboral como responsabilidade, constancia, e a superación de novos problemas que souben resolver autónomamente"

21 de noviembre de 2016

David Calvelo Mañá, graduado en Socioloxía pola UNED.

David Calvelo Mañá é graduado en Socioloxía pola UNED durante o curso pasado. Na actualidade cursa o Máster en Problemas Sociais a través desta Universidade. O obxectivo de David a longo prazo é realizar unha tese doutoral e ser investigador e profesor universitario.

Por que decidiches realizar un Grao en Socioloxía a través da UNED?

"Despois de estudar dous anos Economía na UDC reformuleime se de verdade era iso o que quería facer e optei por cambiar de carreira. A Economía non trata as relacións sociais desde unha perspectiva cualitativa senón que analiza distintos datos que non se corresponden coa realidade dun país, por iso optei por facer Socioloxía. Optei pola UNED polo prestixio que ten esta Universidade en toda España e pola súa excelente metodoloxía".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Os meus obxectivos desde o principio eran por unha banda profesionais, xa que a Socioloxía abarca distintos ámbitos de emprego, desde a investigación á empresa privada, e doutra banda persoais, porque de verdade era o que me gustaba".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"O primeiro ano custoume porque na Universidade presencial facilítanche máis o estudo das distintas materias, pero ao longo destes anos obtiven valores que son positivos para o meu futuro de fronte ao ámbito laboral como responsabilidade, constancia e a superación de novos problemas que souben resolver autónomamente".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"Esta titulación permíteme especializarme no ámbito da investigación dos problemas sociais co Máster que estou a cursar este ano, e no futuro poder optar a ser doutor en Socioloxía. Se teño sorte acabar traballando como profesor da UNED".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Eu tiven sorte porque debido aos meus resultados académicos puiden gozar dunha bolsa de estudo para terminar a carreira e por tanto iso notouse no ámbito económico e persoal".

Un pequeno xogo: tres aspectos positivos e tres non tan positivos do teu paso por esta universidade.

"Positivos: sen dúbida, bo ambiente, esforzo e responsabilidade. Negativos: duro, difícil e extenuante".

Anímasche a seguir estudando?

"Por suposto. Non soamente o Máster e o Doutoramento, gustaríame facer o Grao en Ciencias Políticas para complementar a miña formación"

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es