Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CFR A Coruña: "A creación literaria e os seus autores: Encontros cos escritores"

24 de enero de 2017

Óscar Esquivias estará na próxima cita literaria que se celebrará o 26 de xaneiro a partir das 18:30 horas.

O salón de actos do Centro Asociado acollerá o próximo 26 de xaneiro a partir das 18:30 horas, unha nova sesión do ciclo: "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores", o autor convidado nesta ocasión será Óscar Esquivias.

Nacido en Burgos o 28 de xuño de 1972, Esquivias é licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Burgos. Fundou e dirixiu Calamar (1999-2002), revista dedicada á creación literaria. Autor de numerosos relatos, poemas e artigos, recibiu o premio "Letras Novas de Castela e León" nas edicións correspondentes aos anos 1990, 1995 e 1997, con motivo da autoría de gran número de contos.

Está considerado como un valor firme na narrativa contemporánea deste país. Á marxe de manobras mediáticas, o seu posicionamento está enfocado no escritor, fronte ao personaxe.

Durante a sesión, que estará presentada por Javier Pintor, farase un percorrido pola traxectoria do autor, que avala textos baixo o formato narrativo, ensaios, relatos e penetrouse igualmente na literatura infantil e xuvenil. Comentarase con detemento e precisión algúns dos seus libros publicados, na súa maioría na editorial coruñesa de Edicións do Vento.

Esta actividade está organizada polo Centro de Formación e Recursos da Coruña, en colaboración co Centro Asociado. Poderase seguir de forma presencial ou a través de videoconferencia.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es