O programa de actividades culturais que organiza o Centro Asociado durante o mes de febreiro, contempla a celebración da charla informativa "A Reserva voluntaria en España". O obxectivo deste coloquio parte da necesidade de promover e difundir a cultura da paz, seguridade e defensa así como os valores constitucionais. Dar a coñecer as tarefas e misións das Forzas Armadas dentro dun contexto de conciliación; coñecer que persoas desenvolven esta iniciativa e a súa relación co resto da sociedade.
A charla está prevista para o próximo 15 de febreiro na sede da UNED na Coruña, a partir das 18:00 horas. Poderase seguir tanto na modalidade presencial como en liña.
Os responsables a cargo deste relatorio serán Juan Carlos Sancha Orduña, delegado de Defensa en Galicia, Arturo Suárez Branco, xestor da área de recrutamento da Coruña, Pablo Caínzos López, policía local e reservista voluntario de Infantería de Mariña, Daniel Manuel Martínez Ponce, comisionado na UME, destinado no cuartel xeral con base en Torrexón de Ardoz e Jesús Pereiro Varela, profesor do CPR de Cruz Vermella Española na Coruña e director desta actividade.
Entre os puntos para tratar estarán os de dar a coñecer e resaltar a figura do reservista voluntario, forma de acceso, formación necesaria, encuadramiento, cometidos como complemento ás capacidades das FAS e exemplo da íntima relación desta figura coa sociedade civil.
A charla, á que poderá acceder o público interesado unha vez inscrito na plataforma, será gratuíta.
----------------------------{}---------------------------
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en: