Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol. Curso "Depresión e suicidio: factores de risco e tratamento baseado en mindfulness"

16 de marzo de 2017

Os días 30 e 31 de marzo nas modalidades presencial, en liña e en diferido.

A aula Universitaria de Ferrol acollerá os días 30 e 31 de marzo o curso "Depresión e suicidio: factores de risco e tratamento baseado en mindfulness". Trátase dunha actividade que se impartirá nas modalidades presencial, en liña e en diferido e a súa realización, ao longo das 25 horas lectivas que comprende, certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

O programa o curso divídese en dous bloques temáticos. A primeira sesión abordará a epidemiología da depresión e suicidio: fundamentos, teorías, estratexias de intervención e prevención ou instrumentos de avaliación de risco -entre outros contidos- e o segundo bloque temático fará unha aproximación á teoría e práctica da mindfulness.

Luís Fernández Ríos, doutor en Psicoloxía, profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela e profesor titor na UNED A Coruña, será o responsable de dirixir o curso, que contará coa participación na docencia de Fernando Lino Vázquez González, doutor en Psicoloxía e profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela.

Iniciouse o procedemento de solicitude de homologación da Academia Galega de Seguridade (AGASP) para este curso, de especial interese para membros das forzas e corpos de seguridade; Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Policías Autonómicas.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es