Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Orientación sexual e identidade de xénero"

24 de marzo de 2017

Ciclo de conferencias organizado pola Delegación de Alumnos durante os días 4 e 6 de abril na sede da Coruña.

A Delegación de Alumnos do Centro Asociado UNED A Coruña, coordina esta nova actividade enmarcada dentro do programa de propostas culturais que cada ano pon en marcha a través de conferencias, visitas e charlas informativas.

Nesta ocasión prográmanse varias conferencias agrupadas no ciclo "Orientación sexual e identidade de xénero" os días 4 e 6 de abril na sede da UNED na Coruña. Ao longo de dúas sesións que abordará este tema desde un enfoque multidisciplinar; desde a mirada da política e sociedade, o Dereito, a Linguaxe, a Educación e a Historia e a arte.

O martes 4 de abril a partir das 17:30 horas, comeza as primeira sesións coa intervención de Fito Ferreiro Seoane, coordinador federal do LGTB do PSOE e concelleiro socialista no Concello da Coruña, cunha conferencia titulada "Do activismo á política e viceversa. As dúas caras da moeda".

A continuación, Paula Fernández Carro, activista polos dereitos transexuais presentará a conferencia "Acción desde a diversidade, transformando a sociedade", xunto con Jonathan Lema Touriñán, doutorando en Dereito pola UDC, subdelegado de Centro e delegado de alumnos na Sección de Economicas e Empresariais, que impartirá a conferencia "Os non invisibles no Dereito, pero si na sociedade".

A segunda sesión, prevista para o xoves 6 de abril a partir das 16:30 horas, comezará coa presentación "Do insulto á aceptación. Unha viaxe a través das palabras e as linguas" de María Magdalena Caamaño González, graduada en Tradución e Interpretación, tradutora e intérprete xurídico-xudicial freelance. Por último e como peche ao ciclo, Ana Alvarez Veira, investigadora de Historia do Traxe e estudante de Grao en Historia da arte na UNED, impartirá a conferencia "Mito, Arte e Homosexualidade: unha lección desde o pasado".

O acceso a estas conferencias é libre, unha vez formalizada a inscrición na plataforma.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es