Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Presentación de "Cancodrilo. O proxecto dun conto"

4 de abril de 2017

Encontro con Xabier López Mateos, autor dos relatos, que fará unha análise do traballo editorial a través destes contos. Actividade prevista para o 19 de abril a partir das 18:00 horas.

A UNED A Coruña organiza unha actividade cultural o próximo 19 de abril con motivo da celebración do día do libro, o 23 de abril. Da man de Xabier López Mateos, mestre experto no traballo con nenos con discapacidade intelectual desde o ano 2006 e alumno do Grao de Educación na UNED, analizarase o traballo editorial a través da colección de contos "Cancodrilo. O proxecto dun conto",traballo recente de López Mateos ilustrado por Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez.

Esta colección de contos están orientados a nenos e nenas de 1 a 7 anos. A súa finalidade é didáctica e educativa e as narracións presentan situacións cotianas onde se pretende trasladar unha mensaxe aos máis pequenos a través da transmisión de valores. En futuros relatos está prevista a incorporación dun novo personaxe humano con discapacidade física coa finalidade de fomentar a inclusión de todos na sociedade.

Durante a sesión, que comezará a partir das 18:00 horas e poderá seguirse en liña ou desde o propio Centro Asociado, o autor expoñerá o proxecto desde o seu inicio; motivacións, obxectivos, público ao que vai dirixido, así como o proceso de creación; como xurdiu a idea, primeiros contactos, produción do primeiro curto, procura dun ilustrador, probas en colexios, produtoras e editoriais e materialización final do libro.

A modo de peche está previsto que Xabier López descubra a todos os asistentes a esta sesión os protagonistas do conto a través da lectura de "Cancodrilo vai á escola".

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

xabierlopezmateos
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es