Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Xabier López Mateos presentou o seu proxecto editorial "Cancodrilo. O proxecto dun conto" no Centro Asociado

20 de abril de 2017

Encontro que se desenvolveu durante a tarde de onte no salón de actos do Centro Asociado.

Onte tarde, desde as 18:00 horas, tivo lugar a presentación de "Cancodrilo. O proxecto dun conto", actividade que se desenvolveu de forma presencial e en liña e que estaba programa con motivo da celebración do día do libro, o 23 de abril. Xabier López Mateos, mestre experto no traballo con nenos con discapacidade intelectual desde o ano 2006 e alumno do Grao de Educación na UNED, é autor dos contos xunto con Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez, que se ocuparon das ilustracións.

Durante a sesión, na que estivo presente Ana Mónica Novo García, secretaria do Centro Asociado, López Mateos puxo en valor o proxecto editorial desde o seu inicio e fixo un percorrido de todo o proceso de creación ata a materialización final do libro.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es