Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia "A Escatoloxía de Juan de Rocatallada na súa vida e obra"

8 de mayo de 2017

A delegación de alumnos programa esta nova actividade para o mércores 18 de maio ás 19:00 na sede da Coruña.

Israel Sanmartín Barros, doutor en Xeografía e Historia, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e profesor titor do Centro Asociado UNED A Coruña, será o responsable de realizar a presentación "A Escatoloxía de Juan de Rocatallada na súa vida e obra", conferencia organizada pola delegación de alumnos que se celebrará na sede do Centro Asociado na Coruña.

Sanmartín colabora desde o ano 2011 co Centro Asociado na programación e divulgación de charlas e conferencias. Durante o ano 2016 realizou dúas presentacións: "A viaxe de San Brandán" e "Que é o Neomedievalismo?". No 2015 interveu no  seminario de prácticas históricas e historiográficas:"A Historia cultural". No anterior participou no  Ciclo de Filosofía: "As frases dos filósofos", e no seminario "Novas formas de entender a cultura" e impartiu a conferencia  "A mirada compracida e a mirada inqueda sobre a Música española do século XX". Durante os anos 2011 e 2012 proxectou numerosas exposicións destancando a participación no Ciclo de Arte e Cultura: Historia, Arte e Cultura de Galicia", o "Seminario sobre Historiografía Galega" e as conferencias "O real e o imaxinario no medievo. Algunhas consideracións desde Galicia" e "A Historia e a Historiografía inmediatas: unha aproximación teórica e práctica a partir da música popular galega desde os anos 80".

Sanmartín propón un repaso pola vida, obra e principal legado literario do monxe franciscano joaquinita; Liber ostensor quod adesse festinant tempora e Vademecum in tribulatione. Rocatallada foi personaxe de gran influencia nos Reinos Hispánicos e dedicou un gran esforzo en estudar cuestións de matriz escatolóxica, profética e catastrofista. Trátase dunha sesión teórico-práctica onde se traballará directamente con algúns textos co obxectivo de dar coñecer o autor e a súa obra máis destacada, así como profundar na importancia do mundo escatolóxico medieval.

A conferencia poderase seguir en liña. Está previsto que comece a partir das 19:00 horas e será de acceso libre.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es