Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CUID. Idiomas a Distancia. Alemán, Xaponés, Árabe e Galego, entre as novidades deste curso

14 de septiembre de 2017

Amplíase a oferta de niveis en Inglés e Eúscaro. >>Ampliado o prazo de matrícula ata o 13 de novembro de 2017<<

Como é o ensino de Idiomas a través do CUID UNED?

  • Os niveis de idiomas que ofrece o CUID están adaptados aos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
  • Recoñecemento oficial polas Escolas de Idiomas* En Galicia consultar a Circular 3/2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia. Noutras Comunidades Autónomas consultar lexislación aplicable
  • Para acceder non se require titulación académica.

Cal é o prazo de matrícula?

É totalmente en liña ou é necesario asistir a titorías?

Hai dúas modalidades de aprendizaxe:

*Semipresencial (blended learning)*

  • Con titorías de apoio no Centro Asociado, cuxa organización dependerá do número de matriculados en cada idioma e nivel.
  • Serán impartidas por profesores titores.
  • Con periodicidade semanal.
  • A asistencia ás titorías non é obrigatoria.

*Virtual ou en liña*

  • A atención docente será asumida polo titor en liña a través das ferramentas de comunicación do curso virtual.
  • Os alumnos nesta modalidade non contarán coas clases presenciais dos profesores titores no centro asociado.
  • Maior peso á aprendizaxe autónoma.
  • Toda a comunicación do curso terá lugar a través do curso virtual, por tanto recoméndase solvencia no uso do computador e da internet.

Que idiomas pódense estudar no Centro Asociado da Coruña?

Sede A Coruña- Modalidade en liña

O alumno poderá matricularse adscrito ao Centro UNED A Coruña recibindo formación 100% en liña nos seguintes niveis:

  • Inglés A1, A2, B1, B2, C1 e C2 Nivel novo este curso
  • Francés: A1 e A2
  • Italiano A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1 Novidade este curso
  • Portugués C1
  • Xaponés A1 Novidade este curso
  • Árabe A1 Novidade este curso
  • Español para estranxeiros A1, A2, B1 e B2
  • Galego A1 Novidade este curso
  • Catalán-Valenciano A2, B1, B2, C1
  • Eúscaro A1, A2, B1 e B2 Niveis novos
  • Lingua de signos española: A1 e A2

Sede A Coruña- Modalidade semipresencial

Implantar titorías de apoio no Centro Asociado, cuxa organización dependerá do número de matriculados en cada idioma e nivel. A docencia será integramente na sede do Centro UNED A Coruña.

Niveis:

  • Inglés. Niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2 Nivel novo
  • Francés. Niveis A1, A2, B1 e B2.
  • Alemán. Niveis A1 e A2.

E na aula de Ferrol?

A aula de Ferrol, adscrita á UNED A Coruña, dispón de formación en idiomas 100% en liña nos seguintes niveis:

  • Inglés: A1, A2, B1, B2, C1 e C2 Nivel novo este curso
  • Francés: A1, A2
  • Italiano: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1 Novidade este curso
  • Portugués: C1
  • Xaponés A1 Novidade este curso
  • Árabe A1 Novidade este curso
  • Galego A1 Novidade este curso
  • Español para estranxeiros A1, A2, B1 e B2 Novidade este curso
  • Eúscaro A1, A2, B1 e B2 Novidade este curso
  • Catalán-Valenciano A2, B1, B2, C1 Novidade este curso
  • Lingua de signos española: A1 e A2

Accede ao CUID desde a web do Centro Asociado e desde o portal UNED.

Máis información:

Secretaría sede A Coruña

981 14 50 51

info@a-coruna.uned.es

Secretaría Aula Ferrol

981 36 40 26

info@ferrol.uned.es

----------------------------{}---------------------------

Descarga o folleto informativo en pdf.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es