Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao Alumno. Curso 2017/2018

20 de septiembre de 2017

Xornada de Benvida ao Centro Asociado UNED A Coruña.

A Xornada de Benvida ao Centro Asociado, programada para o vindeiro luns 2 de outubro a partir das 17:00 horas, exponse coa finalidade de presentar aos estudantes o Centro, a súa estrutura dentro do Campus Noroeste, os Servizos que se dispoñen, un achegamento á configuración tutorial -presencial e a distancia- así como dos cursos virtuais e outras ferramentas telemáticas.

Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado e coordinador tecnolóxico, será o encargado de dar a benvida xunto con Ana Mónica Novo García, secretaria do Centro, coordinadora académica e do CUID.

Durante a xornada Paz Caxide Méndez e Mercedes Martínez Mouzo, persoal de administración e servizos da UNED A Coruña, ofrecerán un primeiro achegamento de todas as xestións e procedementos que poden tramitarse desde o Servizo de Secretaría.

No peche da sesión está prevista a participación de Carmen Delia García-Fuentes de la Fuente, coordinadora do Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) para falar desta unidade informativa e orientativa.

Trátase e unha actividade gratuíta, integrada dentro do Plan Anual de Acollida para o curso 2017/2018, que poderá seguirse de forma presencial na sede da Coruña, ou en liña.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es