Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao Alumno. Curso 2017/2018

29 de septiembre de 2017

Xornada e Benvida e Presentación da Delegación de Alumnos UNED A Coruña.

Unha das sesións habituais programadas dentro do Plan Anual de Acollida ao Alumno, é a Xornada de benvida e presentación da Delegación de Alumnos do Centro Asociado. Esta edición, relativa ao curso 2017/2018, celebrarase o próximo 6 de outubro, a partir das 19:15 horas no salón de actos da sede na Coruña. Sesión que poderá seguirse en liña ou ben asistir ás instalacións do propio Centro.

Entre os obxectivos deste encontro figuran a abordaxe de temas específicos do estudante UNED, o funcionamento da Delegación e suas Seccións así como os procedementos habituais nos que se integra este servizo dentro do Centro Asociado. Propostas xerais, propostas de formación e atividades, cuestións académicas como as convalidaciones ou os cursos virtuais, así como recomendacións na formalización da matrícula, serán algúns dos puntos contidos no programa proposto, xunto coa presentación da revista "O Faro do Saber".

Mariña Calvo Durán, delegada de estudantes da Coruña e da Sección da Facultade de Dereito, Valeria do Val Agilda Chollet, subdelegada de estudantes da Coruña, Jonathan Lema Touriñán delegado da Coruña durante o período 2013-2017 e estudante da UNED, Ana Alvarez Veira, estudante da UNED e Eduardo García Lodeiro, delegado na Coruña desde o ano 2013 a este exercicio 2017 e titulado UNED en Enxeñería Industrial, estarán á fronte deste encontro.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es