Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo de Mediación curso 2017/2018

28 de septiembre de 2017

Unha nova edición de 5 módulos formativos que comeza o venres 20 de outubro.

Descrición do ciclo

Como cada inicio de curso na UNED A Coruña e a través da Extensión Universitaria, ofértase o Ciclo de Mediación; programa que consta de 5 módulos independentes, de 25 horas cada un, onde se abordará o conflito desde unha perspectiva teórica e práctica, incidindo nas parcelas do ámbito familiar, penal e educativo.

O seguimento de cada módulo poderase realizar de forma presencial ou en liña desde calquera dispositivo con acceso a internet. Ao finalizar cada módulo e unha vez acreditada a asistencia mínima esixida, concederase 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Procedemento de mediación

O proceso de mediación é áxil e flexible, o que esixe do mediador soltura e habilidade no manexo do procedemento e das técnicas adecuadas en cada momento. Este curso contempla a formación teórica, que inclúe o marco xurídico da mediación, o proceso e as técnicas de comunicación, xestión de emocións, negociación e de resolución de conflitos, así como unha formación práctica que se realizará a través de exercicios e simulacións de casos, nos que se traballarán as técnicas e as distintas fases do proceso de mediación dunha maneira dinámica e participativa, que capacitará para desempeñar a actividade mediadora dunha maneira eficaz e profesional.

Normativa aplicable para ser mediador

A Lei 5/2012 de mediación no ámbito civil e mercantil, abre a oportunidade de exercer como mediadores a aqueles profesionais que estean en posición de título oficial universitario, ou de formación profesional superior, sempre que conten coa formación específica en mediación necesaria para exercer esta actividade. O Real Decreto 980/2013, do 13 de decembro, concreta que dita formación poderase adquirir nun ou varios cursos, cunha duración mínima de 100 horas de docencia efectiva sendo, polo menos un 35 por cento das mesmas, de carácter práctico.

Rosa Sánchez González-Dans, responsable da docencia dos cursos, é licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Máster en Psicoloxía Xurídica pola UNED, especialista en Mediación Familiar pola Universidade de Vigo e Máster Universitario en Mediación pola Universidade de Santiago de Compostela.

Inscrita no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia desde o ano 2003, labor que compaxina co seu traballo de avogada. A partir do ano 2007 adhírese como profesional partícipe ao programa MEDIAGAL, promovido pola Xunta de Galicia.

Rosa Sánchez participou en congresos, cursos, xornadas e seminarios sobre mediación, e colaborou en proxectos de formación en materia de mediación; entidades públicas e privadas.

Módulos que estruturan o Ciclo na edición 2017-2018. Datas e lugares de celebración.

>>Iniciación á Mediación. Teoría e Práctica<<

Datas: 20 e 27 de outubro e 3 de novembro de 2017.

Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.

Duración: 25 horas.

Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Modalidades: presencial e en liña.

Máis información aquí.

>>Mediación no ámbito familiar<<

Datas: 17 e 24 de novembro de 2017.

Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.

Duración: 25 horas.

Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Modalidades: presencial e en liña.

Máis información aquí.

>>Mediación no ámbito educativo<<

Datas: 16 e 23 de febreiro de 2018.

Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.

Duración: 25 horas.

Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Modalidades: presencial e en liña.

Máis información (pendente).

>>Mediación no ámbito penal<<

Datas: 16 e 23 de marzo de 2018.

Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.

Duración: 25 horas.

Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Modalidades: presencial e en liña.

Máis información (pendente).

>>Prácticas en Mediación<<

Datas: 6, 13, 20 e 27 de abril de 2018.

Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.

Duración: 25 horas.

Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Modalidades: presencial e en liña.

Máis información (pendente).

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es