Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol. "Branqueo de capitais: investigación e axuizamento"

16 de octubre de 2017

O maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña e profesor titor do Centro Asociado Carlos Suárez-Mira Rodríguez, abordará a docencia deste curso os días 26 e 27 de outubro.

A extensión da UNED A Coruña en Ferrol acollerá os días 26 e 27 de outubro a partir das 16:30 o curso "Branqueo de capitais: investigación e axuizamento". Destinado principalmente a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como a profesionais do Dereito que interveñan en procedementos penais ou ben alumnos de ámbitos afíns que se atopen cursando últimos cursos en carreiras vinculadas a Dereito.

Esta formación comprende 25 horas lectivas. Poderase elixir entre as modalidades presencial ou en liña e tras a súa finalización concederase 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

O curso abordará no seu programa cuestiones xerais sobre o branqueo de capitais; organismos implicados na súa loita ou a instrución e o axuizamento dos delitos de branqueo de capitais. A proba do delito, o comiso ou a regulación do branqueo de capitais no Código penal español, entre outros puntos.

O docente responsable do curso é Carlos Suárez-Mira Rodríguez, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e posteriormente doutor pola Universidade de Vigo. Actualmente exerce de maxistrado en comisión de servizos na Sección 2ª (penal) da Audiencia Provincial da Coruña.

Ao longo da súa vida laboral ostentou distintos cargos académicos: secretario do Instituto de Criminología da universidade de Valencia, vicedecano de Dereito da universidade da Coruña ou director do Departamento de Dereito Público na mesma universidade. Desde o ano 1993 é profesor titor na UNED A Coruña e imparte numerosos cursos vinculados ao Dereito a través do Programa de Extensión Universitaria.

Entre os cargos que ocupou vinculados á Xunta de Galicia están o de director da Academia Galega de Administración Pública (AGASP) ou director xeral do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia (CEXESGA).

Suárez-Mira é autor de numerosos manuais, monografías e artigos relativos ao dereito Penal, e participa habitualmente en proxectos de investigación tutelados polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es