Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Iniciación á Grafoloxía

19 de octubre de 2017

Begoña Rey estará a fronte deste curso que se desenvolverá ao longo do mes de novembro na sede da Coruña.

O programa de cursos de Extensión Universitaria e Cultural da UNED A Coruña propón un nova nova actividade formativa para o mes de novembro: "Iniciación á Grafoloxía". Trátase dun curso dividido ao longo de catro sesións que se celebrarán en única modalidade presencial en xornada de tarde.

De interese a aqueles estudantes e profesionais que desenvolvan a súa actividade na rama de de a Educación, Psicoloxía, Pedagoxía, Dereito, Criminoloxía, traballadores sociais, traballadores da sanidade ou membros das Forzas e Corpos de seguridade do Estado.

Os obxectivos básicos desta actividade son os de dar a coñecer esta técnica explicando o seu significado, para que serve, as diferentes áreas de traballo, o tipo de documentos que se analizan, a súa historia ou as diferentes escolas grafolóxicas. Por outra banda abordaranse cuestións prácticas desde a segunda sesión: significado da curva e a recta, a morfoloxía da escritura, inclinación, velocidade, orde ou presión. Está previsto o desenvolvemento de casos prácticos e durante a última clase do curso, un estudo personalizado grafolófico para aqueles alumnos que o soliciten.

A docencia do curso estará a cargo de Begoña Rey Rodríguez, psicóloga, grafóloga, perito calígrafo e profesora titora de Practicum na Diplomatura en Educación Social do Centro Asociado UNED A Coruña. Na dirección estará Carmen Delia García Fuentes de la Fuente, coordinadora do COIE do Centro UNED A Coruña e profesora titora do Grao de Pedagoxía no Centro.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruñ

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es