Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Mediación no ámbito familiar" Edición 2017/2018

23 de octubre de 2017

A UNED da Coruña acolle o curso "Mediación no ámbito familiar" os días 17 e 24 de novembro. Será na sede da Coruña e está previsto que se poida seguir a través das modalidades presencial e en liña.

Este curso ten como obxectivo fundamental proporcionar formación práctica para aquelas persoas que xa dispoñen dunha base teórica do proceso de Mediación. Durante as dúas sesións programadas presentaranse supostos prácticos, tanto de mediación familiar, con procesos xudiciais xa iniciados e mediacións extraxudiciais dentro do ámbito familiar: separacións, divorcios, herdanzas e relaciones pais-fillos.

A mediación é unha ferramenta de resolución de conflitos que persegue alcanzar acordos de forma amigable co propósito de evitar acudir á vía xudicial. Na contorna familiar o procedemento de mediación converteuse nun recurso moi frecuente; colaborar de forma voluntaria entre as partes afectadas para chegar a un acordo e mellorar as vías de comunicación, é un percorrido alternativo eficaz e áxil que esquiva a gravosa vía xudicial.

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e mediadora estará á fronte deste curso que dirixe Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado.

Esta actividade formativa, que consta de 25 horas lectivas e certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración, impartirase en horario de tarde. Curso que se enmarca dentro da última edición do Ciclo de Mediación 2017/2018.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es