Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"As titorías presenciais son moi importantes para crear vínculos con profesores-titores, coa universidade e outros estudantes e para axudarche neste difícil camiño dos estudos universitarios "non presenciais".

3 de noviembre de 2017

María Luisa Irimia Palmeiro, graduada en Historia da Arte no curso 2016/2017.

María Luisa Irimia Palmeiro é licenciada en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de San Fernando, Universidade Complutense de Madrid. Traballa como Ilustradora, narradora oral e animadora á lectura. Finalizou os seus estudos de Historia da Arte durante o curso 2016/2017 na UNED.

Por que decidiches realizar o Grao en Historia da Arte na UNED?

"A UNED, polo seu carácter non presencial e o seu prestixio dentro do mundo universitario, definíase claramente como a miña única opción para estudar un Grao na situación laboral e familiar na que me atopaba".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Historia da Arte é un complemento perfecto para o meu traballo, e tamén un verdadeiro pracer para min. Digamos que no meu caso os dous obxectivos se solapan".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Foi un proceso no que houbo renuncias e incertezas, pero no que aprendín moito de min mesma (e non só de Arte), de disciplina, de resolución. Houbo unha clara evolución na miña forma de abordar o estudo e, sobre todo, á hora de abordar a investigación".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"Achegará unha importante bagaxe e seguridade á hora de abordar todos os temas relacionados coa Arte nos que desenvolvo a miña actividade laboral".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Por suposto que houbo renuncias, sen renuncias isto nunca puidese levalo a cabo. Fins de semana hipotecados, vacacións, lecturas ociosas, horas libres, minutos rabuñados de todas partes. Pero todo iso non o vivín como algo negativo, había un obxectivo, e o camiño para alcanzalo era penetrarme e penetrarme no mundo da Arte, non soa nada mal!"

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres non tan positivos do teu paso por esta universidade.

"Tres positivos: flexibilidade, cualificación do persoal docente e amplitude de horarios. Negativos: remítome á seguinte pregunta".

Que cambios pensas que necesita a UNED?

"Un maior número de titorías presenciais, son moi poucas as que hai, e cando algunha desaparece non se repón. As titorías presenciais son moi importantes para crear vínculos con profesores-titores, coa universidade e outros estudantes e para axudarche neste difícil camiño dos estudos universitarios "non presenciais".

Necesita maiores fondos nas bibliotecas dos Centros Asociados. Para traballos de investigación ou traballos de fin de Grao é moi difícil atopar libros nas bibliotecas da UNED, incluso os libros recomendados non están en ocasións en ningunha biblioteca".

Anímasche a seguir estudando?

"Si. O meu seguinte paso é realizar un Máster nesta Universidade para seguir formándome e profundando no mundo da Arte".

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es