Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia "Le Corbusier. A última entrevista en Paris"

27 de noviembre de 2017

A sede da UNED A Coruña acollerá o próximo 13 de decembro, a partir das 19:00 horas, a presentación "Le Corbusier. A última entrevista en Paris".

Antonio Amado Lorenzo, profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, abordará, a partir da transcrición da última entrevista realiza a Le Corbusier no ano 1965, a obra deste autor.

Durante a celebración desta sesión, prevista para o próximo 13 de decembro a partir das 19:00 horas, o conferenciante ofrecerá un visonado documental e con posterioridade, unha presentación expositiva.

Adiantado ao seu tempo. singular visionario e un dos máximos expoñentes e a arquitectura moderna, o legado e obra de Le Corbusier marcou o traballo a xeracións posteriores. O autor, que traballou os campos da pintura mesmo a escritura, definiuse por defender -de maneira incansable- a posibilidade de cambiar o mundo a través da arquitectura.

María Josefa Loira Rodríguez, profesora titora nos Graos de Xeografía e Historia e Historia da Arte no Centro Asociado UNED A Coruña, é a encargada de dirixir esta actividade de acceso libre que se poderá seguir nas modalidades presencial, en liña e en diferido.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es