Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol: "Réxime Xeral de Estranxeiría: Estancia e Residencia de persoas estranxeiras en España"

27 de noviembre de 2017

Homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública, celebrarase os días 14 e 15 de decembro nas modalidades presencial, en liña e en diferido.

Elena Maison Díaz de la Rocha, licenciada en Dereito e experta en cooperación ao desenvolvemento e Carlos Villar Arévalo, licenciado en Dereito e especialista en Dereito de Estranxeiría e Migracións, presentarán o curso "Réxime Xeral de Estranxeiría: Estancia e Residencia de persoas estranxeiras en España", dirixido por Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora no Centro UNED A Coruña.

O curso, que se celebrará na aula de Ferrol os días 14 e 15 de decembro nas modalidades presencial, en liña e en diferido, está homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública; divídese en dúas sesións formativas enmarcadas dentro dun ciclo de tres cursos que se ofertarán co obxectivo de profundar e abordar todas as variables relativas ao campo do Réxime Xeral de Estranxeiría. Texto que regula a situación da maior parte de persoas estranxeiras en España.

De interese especial para membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, policía local ou traballadores do ámbito de actividade portuaria; estudantes dos Graos de Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Antropoloxía; profesionais relacionados coa temática, así como interesados en xeral.

Este primeiro curso abordará -entre outros aspectos- os dereitos, liberdades e deberes dos cidadáns e estranxeiros en España, a estancia de cidadáns estranxeiros ou a súa residencia en España. Ao seu termo certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es