Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Mediación no ámbito Penal"

6 de marzo de 2018

Os días 22 e 23 de marzo nas modalidades presencial, desde a sede na Coruña, e en liña.

O Centro Asociado da UNED na Coruña organiza unha nova actividade: "Mediación no ámbito Penal", integrada no "Ciclo de Mediación" " que se iniciou durante o mes de outubro de 2017, e prevista para os días 22 e 23 de marzo.

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e Máster en Mediación, estará unha vez máis á fronte deste curso que fundamenta a súa liña de programación con motivo das últimas reformas no ordenamento xurídico vinculadas á Directiva Europea 2012/29/UE do 25 de outubro de 2012 relativa á protección das vítimas de delitos e a posterior Lei 4/2015, do Estatuto da Vítima de delito. Xunto a estes textos normativos súmase a Lei Orgánica 1/2015, de reforma do Código penal e o Real Decreto 1109/2015, do Estatuto da vítima do delito.

Este escenario legal capacita o recoñecemento do dereito da vítima para acceder a procesos de xustiza restaurativa, e instaura o proceso de mediación penal.

O curso -de 25 horas lectivas de duración- celebrarase na sede da Coruña e poderá seguirse en liña. Ao seu termo certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es