Mapa web
Youtube
Instagram
UNED

Aula de Ferrol

8 de marzo de 2018

Curso "Réxime Xeral de Estranxeiría. Menores e proceso sancionador" os días 22 e 23 de marzo. Poderase seguir desde a aula de Ferrol, nas modalidades en liña e diferido.

Durante o mes de marzo está prevista a celebración da última actividade formativa vinculada ao Ciclo de Réxime Xeral de Estranxeiría que se desenvolveu integramente desde a aula da UNED en Ferrol.

Trátase do curso "Réxime Xeral de Estranxeiría. Menores e proceso sancionador", estruturado en dúas partes substancialmente diferenciadas. A primeira das sesións celebrarase o xoves 22 de marzo e estará a cargo Carlos Villar Arévalo, licenciado en Dereito e especialista en Dereito de Estranxeiría e Migracións. Tratará as cuestións relativas aos menores estranxeiros; unha mirada á definición e concepto de fillo de residente legal nado ou non en España, autorización e renovación de residencia no caso de tutela por institución pública, e os casos e procedementos de modificación e extinción do dereito de autorizar unha solicitude residencia.

A segunda e última xornada, o venres 23 de marzo, Elena Maison Díaz da Rocha, licenciada en Dereito e experta en cooperación ao desenvolvemento, abordará todos os aspectos relativos ao procedemento sancionador: tipoloxía, medidas e extensión.

A finalización do curso -de 25 horas lectivas de duración- certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Como nas dúas actividades formativas anteriores vinculadas ao curso, solicitouse homologación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es