Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Charla informativa "A carreira militar. Acceso aos estudos universitarios"

7 de abril de 2018

O 19 de abril a partir das 19:00 horas no salón de actos de sede da Coruña. De acceso libre, poderase seguir na modalidade en liña.

O Centro Asociado UNED A Coruña organiza, a través da Coordinación de Extensión Universitaria e Divulgación Cultura, a charla informativa "A carreira militar. Acceso aos estudos universitarios" na sede coruñesa.

O propósito desta sesión é establecer un marco informativo ao alumnado con estudos universitarios en torno ao proceso selectivo vixente na actualidade de acceso aos diferentes Corpos e Escalas das Forzas Armadas. Proporcionar contido centrado nas diferentes especialidades e tarefas profesionais ás que se pode optar cunha titulación universitaria -en especial desde Dereito e Psicoloxía-, determinar as opcións de gradación; vinculación temporal e desenvolvemento de futuro nas Forzas Armadas cando se ten un título universitario e non menos importante, achegar este colectivo á sociedade civil.

A sesión estará a cargo de Jorge Aranguena Sande, comandante auditor, Arturo Suárez Branco, tenente coronel e Ángela Díaz del Río Lago, capitá psicóloga.

A charla, gratuíta, celebrarase o 19 de abril, a partir das 19:00 horas, no salón de actos da sede da UNED na Coruña e poderá seguirse en liña.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es