Desde a Biblioteca do Centro Asociado UNED A Coruña e para celebrar o Día do Libro nesta edición 2018, queremos crear entre toda a comunidade universitaria -alumnado, profesorado titor e persoal de administración e servizos- un mosaico de libros.
Recoméndanos un título argumentado o motivo da túa elección. Con todas as achegas elaboraremos un mosaico que compartiremos con toda a comunidade universitaria.Entre todas as persoas participantes sortearase un lote de dous libros de literatura contemporánea.
Somos unha comunidade universitaria plural e diversa e queremos recoller a paixón pola lectura e compartila. Son moitos os libros que nos gustan, e aínda que pode ser difícil, pedímosche que optes por un, á túa elección entre poesía, novela, teatro, ensaio, arte, cómic, etc...
Se queres participar nesta iniciativa, envía un correo electrónico co título da túa recomendación a biblioteca@a-coruna.uned.es. O prazo máximo de envío é ata o día 20 de abril.
---------------------------------------{}-------------------------------------
Síguenos en: