Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol: "As agresións a membros das forzas e corpos de seguridade, persoal sanitario e docente: resposta penal"

11 de mayo de 2018

Nova actividade formativa do maxistrado e titor do Centro Asociado, Carlos Suárez-Mira Rodríguez, homologada pola Academia Galega de Seguridade Pública, prevista para os días 11 e 12 de xuño nas modalidades presencial e en liña.

A UNED A Coruña programa desde a aula de Ferrol a última das propostas formativas para este curso 2017/2018. Trátase do curso "As agresións a membros das forzas e corpos de seguridade, persoal sanitario e docente: resposta penal", que impartirá o maxistrado e titor do Centro Asociado, Carlos Suárez-Mira Rodríguez os días 11 e 12 de xuño, en horario de tarde e nas modalidades presencial e en liña.

O curso organízase en 25 horas lectivas. Unha vez finalizado certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración. Solicitouse, como en ocasións anteriores, a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Na primeira das sesións Suárez-Mira abordará o problema da violencia nos ámbitos educativos, no sector sanitario e na contorna das forzas e corpos de seguridade do Estado. Na segunda e útima xornada, o maxistrado tratará en profundidade os tipos de delitos e a resposta penal fronte a esta violencia.

O curso resulta de interese a operadores xurídicos para un maior coñecemento e análise en defensa e xestión dos intereses legais dos implicados nun procedemento penal. Do mesmo xeito para o colectivo de membros das forzas e corpos de seguridade do Estado: Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Policías Autonómicas, así mesmo á Policía Portuaria. Trataranse cuestións significativas para un mellor desempeño da súa función de prevención e represión da delincuencia.

Máis información

  • Aula Universitaria de Ferrol
  • María, 52-54, 15402 Ferrol
  • Teléfono 981 36 40 26
  • info@ferrol.uned.es

    ----------------------------{}---------------------------

    Síguenos en:

    Facebook

    Twitter

    Google+

    Youtube

    Blog UNED Sénior A Coruña

  • Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es