Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Charla informativa "A xordeira e a súa implicación na linguaxe do neno xordo"

11 de mayo de 2018

Ana Isabel Vázquez Lojo, terapeuta ocupacional e educadora infantil, é a presidenta do Consello de Colexios de Logopedas de España e a relatora desta actividade, que se celebrará o 14 de xuño a partir das 19:00 horas na sede da UNED da Coruña.

Un dos problemas fundamentais da hipoacusia -xordeira- nos nenos, é a dificultade na evolución e desenvolvemento da linguaxe. A necesidade dunha detección temperá facilita unha rápida aplicación do tratamento e un uso moito máis áxil e efectivo de ferramentas de traballo habituais na recuperación no neno. O impacto desta abordaxe precoz, facilita unha melloría na súa aprendizaxe, no progreso da linguaxe e nas relacións sociais.

Ana Isabel Vázquez Lojo, terapeuta ocupacional e educadora infantil, é a presidenta Consello de Colexios de Logopedas de España e a responsable de impartir esta charla informativa "A xordeira e a súa implicación na linguaxe do neno xordo", que ten, entre outros obxectivos, o de dar a coñecer os métodos empregados para habilitar ou rehabilitar aos nenos, así como o elementos de apoio no seu proceso de comunicación.

A charla, que se celebrará na sede da UNED A Coruña o 14 de xuño a partir das 19:00 horas nas modalidades presencial e en liña, conta coa colaboración da Fundación Escoita.

Esta actividade é gratuíta. Os interesados en matricularse deben rexistrase a través da plaforma.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es