Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol. Presentación do "Cartel de Cego: Don Gaiferos de Mormaltán"

5 de junio de 2018

Celebrarase o vindeiro xoves 14 de xuño na extensión de Ferrol, da man do autor, Perico Castro, o escritor e crítico de Arte, Jesús Piñeiro e o violinista Javier Cedrón.

O Romance de Don Gaiferos relata a lenda -en clave medieval- desta personaxe que falece ao final da súa peregrinación a Compostela. Trátase dun poema cantable que se remonta ao século XVIII, e que describe, impregnado de intensa galeguidade no seu fondo e forma, a súa peregrinaxe a Santiago. Texto de orixe popular, conta co referendo do escritor galego Manuel Murguía, e ao longo destes anos, foi versionado por diferentes autores.

Obra do ilustrador e pintor Perico Castro, no marco do próximo Ano Santo Xacobeo 2021, será o encargado de presentar a creación, acompañado do escritor e crítico de Arte, Jesús Piñeiro, que disertará ao redor dos "Carteis de Cego".

O acto de presentacion do "Cartel de Cego: Don Gaiferos de Mormaltan" está previsto para o xoves 14 de xuño, na aula de Ferrol, a partir das 19:30 horas. Poderase seguir nas modalidades presencial e en liña.

O programa, finalizadas as exposicións de Castro e Piñeiro, contempla para o peche do acto as interpretacións, en primeiro lugar un só de violín dunha improvisación de corte medieval a cargo do compositor e profesor do Conservatorio de Música da Coruña, Javier Cedrón, seguido da declinación do Romance a cargo do seu autor, Perico Castro, acompañado do tenor e profesor do conservatorio da Coruña, Antón de Santiago e o mencionado violinista, Javier Cedrón.

Para o seguimento desta actividade cultural de acceso libre será necesario inscribirse previamente na plataforma.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es