Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

“As miñas competencias para analizar e observar a realidade social aumentaron en conivencia co grao de madurez intelectual que adquirín durante estes anos de formación académica”

9 de octubre de 2018

David Calvelo Mañana é graduado en Socioloxía e, desde o curso 2017/2018, Máster Universitario en Problemas Sociais, ambas pola UNED. O xoves 11 recibirá o seu diploma no Acto Oficial de Apertura do Curso Académico 2018/19.

Por que decidiches realizar o Máster na UNED? 

Principalmente para especializarme no campo da investigación social e poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos, tanto durante a carreira como do propio máster. Especialmente a través da materia das prácticas profesionais de investigación que este me permitiu realizar. A miña participación directa no plan de inclusión social que o concello da Coruña está a levar a cabo permitiume observar de primeira man as dificultades que existen na realidade fáctica para desenvolver e aplicar as técnicas de investigación estudadas no máster. 

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais? 

Por unha banda, persoais, dado que o máster era un paso necesario para poder acceder no futuro á realización da tese doutoral. Doutra banda, profesionais, porque me permitiu traballar dentro da administración local e aprender o funcionamento das distintas entidades que se dedican directamente a resolver os problemas da cidadanía. 

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios? 

Este último ano foi moi duro, pero tamén moi enriquecedor desde unha perspectiva académica. Estiven totalmente inmerso na realización do TFM (Traballo de Fin de Máster), e sen dúbida, notouse que o nivel de esixencia foi moi superior en comparación co TFG (Traballo de Fin de Grao) realizado na carreira. 

A necesidade de asimilar todas as fontes bibliográficas necesarias para o desenvolvemento do TFM permitíronme observar que a miña capacidade para o estudo aumentou desde os primeiros anos da carreira. As miñas competencias para analizar e observar a realidade social han aumentado en conivencia co grao de madurez intelectual que adquirín durante estes anos de formación académica. 

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai a achegar esta titulación a curto e medio prazo? 

A curto prazo unha gran base para poder afrontar as oposicións que estou a cursar na actualidade. A medio prazo, a realización do TFM proporcionoume o alicerce fundamental sobre o que construír a estrutura da tese doutoral á que me gustaría acceder unha vez aprobadas as oposicións. 

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...? 

A miña familia apoioume sempre, tanto económica como animicamente. A pesar de que realicei o máster con bolsa, esta só cubría os gastos da matrícula, por tanto, sen o apoio familiar fose imposible realizalo; os recortes nas contías das bolsas dificultaron a moitos estudantes a posibilidade de poder acceder á realización de carreiras e másteres. 

 En canto a min, sen dúbida, sacrifiquei tempo con amigos, parella, lecer, etc., para poder dedicarme por completo ao máster e poder terminalo en 2 anos. 

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres non tan positivos do teu paso por esta Universidade. 

Negativos: duro, difícil e ás veces desesperante. 

Positivos: enriquecedor, distinto, divertido. 

Anímaste a seguir estudando? 

Por suposto, gustaríame realizar a tese de doutamento e complementar a miña formación cursando o grao en Ciencias Políticas unha vez que termine as oposicións. 

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube 

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es