Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Introdución ó Dereito Penal

12 de noviembre de 2018

Nova actividade formativa homologada provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), prevista para os días 29 e 30 de novembro nas modalidades presencial e en liña (streaming).

Ana Rodríguez Piorno, licenciada en Dereito (USC), xuíza interina dependente do TSJ Galicia e profesora-titora do grao de Criminoloxía no Centro UNED A Coruña, será a encargada de impartir o curso "Introdución ao Dereito Penal" os días 29 e 30 de novembro na Aula de Ferrol. Impartirase en horario de tarde e pódese asistir de forma presencial ou ben por Internet en directo a través de streaming.

 

O curso consta de 25 horas lectivas e, como en ocasións anteriores, solicitouse a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Tamén está en trámite de ser recoñecido con 1 crédito ECTS.

 

A materia abórdase desde unha perspectiva xeral, pero rigorosa, con especial vocación cara á formación do alumnado no coñecemento do Dereito Penal, tanto a nivel administrativo como a nivel social. A través dun coñecemento ordenado da lexislación vixente, os e as estudantes poderán achegarse á comprensión do status das persoas privadas de liberdade, dos medios de prevención, das alternativas á situación de cárcere e da incorporación á normalidade unha vez cumprida a condena, con incidencia no seu impacto na sociedade e nas relacións dos internos co mundo exterior e cos seus dereitos no cárcere.

 

Este curso é de especial interese o alumnado dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Socioloxía, Traballo Social e Psicoloxía; pero tamén para o persoal das forzas e corpos de seguridade, funcionarios xudiciais, de atención ás vítimas e de institucións penais, así como para calquera persoa que desexe coñecer o armazón penal, e o seu funcionamento, desde o manexo dos orzamentos correspondentes.

 

Podes inscribirte na actividade aquí.

 

Máis información na Aula Universitaria de Ferrol (C/María, 52-54, 15402 Ferrol):

Teléfono: 981 36 40 26

Email: info@ferrol.uned.es

 

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es