Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Mediación no ámbito civil e familiar" Edición 2018/2019

7 de noviembre de 2018

Realizarase na sede da Coruña os venres 9, 16 e 23 de novembro. Pódese seguir a través das modalidades presencial e en liña (streaming).

A sede da UNED da Coruña acolle o curso "Mediación no ámbito familiar" os días 9, 16 e 23 de novembro. Realizarase en horario de tarde e pode seguirse en directo a través de streaming. Como novidade con respecto a edicións anteriores, este curso consta de tres sesións presenciais ampliando a temática á mediación civil.

 

O curso ten como obxectivo proporcionar unha formación fundamentalmente práctica para aquelas persoas que xa dispoñen dunha base teórica do proceso de mediación. Presentaranse supostos prácticos, tanto de mediación familiar, con procesos xudiciais xa iniciados e mediacións extraxudiciais dentro do ámbito familiar: separacións, divorcios, herdanzas e relaciones pais-fillos.

 

A mediación é unha ferramenta de resolución de conflitos que persegue alcanzar acordos de forma amigable co propósito de evitar acudir á vía xudicial. Na contorna familiar o procedemento de mediación converteuse nun recurso moi frecuente; colaborar de forma voluntaria entre as partes afectadas para chegar a un acordo e mellorar as vías de comunicación, é un percorrido alternativo eficaz e áxil que esquiva a gravosa vía xudicial.

 

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e máster en Mediación, cunha ampla experiencia como mediadora, estará á fronte deste curso que dirixe Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña.

 

Esta actividade formativa, que consta de 25 horas lectivas e certificarase con 1 crédito ECTS, impartirase en horario de tarde. Curso que se enmarca dentro da última edición do Ciclo de Mediación 2018/2019, que consta dos seguintes 5 módulos: Iniciación á Mediación: Teoría e Práctica, Mediación no Ámbito Civil e Familiar, Mediación no Ámbito Educativo, Mediación no Ámbito Penal (homologado provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública) e Prácticas de Mediación. En total ofrécense máis de 100 h de formación teórica e práctica sobre a actividade de mediación en diferentes ámbitos.

 

Podes consultar e descargar o folleto do ciclo aquí (en castelán).

 

Podes inscribirte na actividade aquí.

 

Máis información no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

 

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es