Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Réxime Comunitario de Estranxeiría"

14 de diciembre de 2018

Nova actividade formativa homologada provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), prevista para os días 10 e 11 de xaneiro nas modalidades presencial e en liña (streaming directo e diferido).

Carlos Villar Arévalo, licenciado en Dereito, especialista en Dereito de Estranxeiría e Migracións, será o encargado de impartir o curso "Réxime Comunitario en Estranxeiría" os días 10 e 11 de xaneiro de 2019 na Aula de Ferrol. Impartirase en horario de tarde e pódese asistir de forma presencial ou ben por Internet a través de  streaming directo ou en diferido.    

O curso consta de 25 horas lectivas e, como en ocasións anteriores, solicitouse a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Tamén está en trámite de ser recoñecido con 1 crédito  ECTS.    

Neste curso abordaranse de forma pormenorizada os coñecementos relacionados co Réxime Comunitario de Estranxeiría, analizando a lexislación da Comunidade Europea. A finalidade é profundar nos conceptos básicos necesarios para comprender a lexislación en relación coa libre circulación e residencia de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e capacitar ao alumnado na aplicación práctica da lexislación actual en Estancia e Residencia de persoas comunitarias en España.    

Este curso é de especial interese o alumnado dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Socioloxía, Traballo Social e Psicoloxía; pero tamén para o persoal das forzas e corpos de seguridade (Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, Policías Autonómicas e Policía Portuaria), así como para calquera persoa relacionada co ámbito da estranxeiría e público en xeral.  

Podes inscribirte na actividade aquí.    

Máis información na Aula Universitaria de Ferrol (R/María, 52-54, 15402 Ferrol):

Teléfono: 981 36 40 26

Email: info@ferrol.uned.es    

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es