Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O curso de "Mediación no ámbito penal" deste ano está homologado provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

29 de enero de 2019

O cuarto curso do Ciclo de Mediación 2018-19, que se celebrará os días 14, 15 e 22 de febreiro, pódese seguir de forma presencial na sede da Coruña ou na modalidade  online de  streaming directo e certificarase con 1 crédito  ECTS

A sede da UNED da Coruña acolle o curso "Mediación no Ámbito Penal" os días 14, 15 e 22 de febreiro. Realizarase en horario de tarde e pode seguirse online en directo a través de streaming.

Como novidade con respecto a edicións anteriores, este curso consta de tres sesións presenciais ampliando a temática da mediación penal para adaptala a diversos públicos. Tamén, por primeira vez, o curso está homologado provisionalmente pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

O curso está especialmente dirixido a estudantes de Dereito e do ámbito social (psicólogos, traballadores sociais, educadores...), así como a calquera profesional que interveña no proceso penal (avogados, procuradores, xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza, etc.) Tamén é de interese para os membros das forzas e corpos de seguridade; singularmente, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Policías Autonómicas. Policía portuaria. E, en xeral, a aqueles profesionais relacionados co ámbito penal, que queiran coñecer de forma global e completa o proceso de mediación e a súa aplicación en conflitos xurdidos neste ámbito.

Con este curso proporciónase unha formación tanto teórica como práctica en mediación, regulada en España a través da Lei 5/2012, do 6 de xullo, de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís, e o Real Decreto 980/2013, do 13 de decembro. Ademais de proporcionar a formación teórica indispensable para o exercicio dunha boa mediación, realizaranse exercicios e simulacións que permitan poñer en práctica os coñecementos adquiridos e desenvolver as habilidades e técnicas necesarias para unha mediación de calidade.

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e máster en Mediación, cunha ampla experiencia como mediadora, estará á fronte deste curso que dirixe Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña.

Esta actividade formativa, que consta de 25 horas lectivas e certificarase con 1 crédito ECTS. O curso enmárcase na última edición do Ciclo de Mediación 2018/2019 que consta de 5 módulos e que, en total, ofrece máis de 100 h de formación teórica e práctica sobre a actividade de mediación en diferentes ámbitos.

Podes consultar e descargar o folleto do ciclo aquí.

Podes inscribirte na actividade aquí.

Máis información no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es