Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo sobre a xestión das emocións na infancia: 2. As emocións primarias

8 de marzo de 2019

O vindeiro mércores 13 comeza o segundo curso do Ciclo. Pódese seguir nas modalidades presencial e online (tanto en streaming directo coma en diferido) e ten recoñecido 1 ECTS

Ángeles Amor García, psicóloga clínica e profesora-titora do grao en Psicoloxía do Centro Asociado UNED A Coruña é a directora e relatora do curso sobre As emoción primarias na educación infantil. Esta actividade se enmarca no Ciclo sobre a Xestión das emocións na infancia; non obstante, cada un dos cursos que compoñen o ciclo se pode realizar de forma independente, xa que cada un mantén unha temática específica.

Este segundo curso se centrará na xestión da ira, a tristeza e o medo, analizando as súas características fisiolóxicas, cognitivas e conductuales. A finalidade é aprender a identificar estas emocións e corrixir a súa manifestación negativa. Aprender a identificar as emocións é un aspecto básico para o correcto funcionamento dos nenos e nenas na sociedade, influíndo e determinando un amplo abanico das súas experiencias persoais, desde a súa traxectoria académica ata as súas relacións sociais e traxectoria vital.   

Está dirixido a estudantes dos graos e másteres en Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social, Socioloxía, Criminoloxía, etc., pero tamén ao público en xeral, especialmente a educadoras e educadores infantís, profesorado dos diferentes niveis educativos, pais e nais, así como a todas aquelas persoas que estean en contacto con nenos desta idade.

A asistencia pode ser tanto presencial como online, xa que tamén se pode seguir en streaming directo y/ou en diferido. As sesión teóricas celebraranse os mércores 13, 20 e 27 de marzo de 2019, de 16:30 a 20:30 h na sede do Centro UNED da Coruña. E, ademais, este curso ten recoñecido 1 crédito ECTS. 

Podes matricularte na actividade aquí.

Podes consultar e descargar o folleto do ciclo aquí.

Máis información na Secretaría do Centro da Coruña (rúa Educación 3 – 15011, A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es