Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A enquisa como ferramenta de investigación social (Curso 2018-2019)

22 de marzo de 2019

A sede da Coruña acollerá este curso que poderá seguirse online (en directo e en diferido) os venres 29 de marzo e 05 de abril. De especial interese para estudantes que deban elaborar un Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster e para estudos de Doutoramento

Desde o Centro Asociado UNED A Coruña proponse unha nova edición desta actividade de interese principalmente para o alumnado dos últimos cursos de Grao, Máster e Doutoramento. Durante o presente curso, o alumnado obterá as aptitudes mínimas imprescindibles para enfrontarse á realización dunha enquisa, de forma que poida utilizala como ferramenta para obter coñecemento acerca dun problema, unha situación, unha poboación concreta, dos seus clientes actuais ou potenciais, resultando tamén útil para a súa aplicación como ferramenta de investigación en traballos académicos como un traballo fin de grao (TFG) ou de máster (TFM). Este curso resulta especialmente útil para emprendedores e persoas interesadas en traballos da área de Recursos Humanos.

"A enquisa como ferramenta de investigación social" consta de dúas sesións previstas para as tardes dos venres 29 de marzo e 05 de abril na sede da UNED na Coruña. A actividade comprende 25 horas lectivas, pode seguirse tamén en modalidade online, tanto en streaming directo como en diferido. Unha vez superado o curso, poderase obter 1 crédito ECTS.

O curso está dirixido por María Barreiro Gen, profesora titora do Grao de Economía, ADE e Turismo no Centro Asociado e a formación está a cargo de Loreto Vázquez Chas, doutora en Socioloxía e investigadora, que foi profesora de "Investigación de mercados" nos programas de Máster en Administración de Empresas MBA Executive, Master en Administración de Empresas MBA Posgrao, Master en Márketing e Dirección de Vendas Executive e Master en Márketing e Dirección de Vendas Posgrao, da Escola Europea de Negocios (A Coruña) e de "Métodos Cualitativos de Investigación" e de "Análise de datos con Atlas.ti" no programa de Master Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos da Universidade dá Coruña.

No curso estudarase a importancia de definir previamente o obxectivo, a correcta selección da mostra, a elaboración do cuestionario, o deseño do pretest, a incursión das novas ferramentas online para a realización de enquisas (como Google Forms) e a análise básica dos datos. Tamén hai un importante apartado final sobre a correcta xestión na protección dos datos empregados. 

 

Podes matriculate no curso aquí.

Máis información no servizo de secretaría do Centro UNED A Coruña (rúa Educación, 3 – 15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

----------------------------{}--------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es