Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Visitas guiadas á exposición "A Saia Raíña: Mulleres enloitadas no século XXI"

15 de marzo de 2019

Actividade gratuíta e aberta ao público en xeral. A primeira visita terá lugar o mércores 20 de marzo

O Centro UNED A Coruña ven organizando dúas visitas guiadas á exposición "A Saia Raíña" de Rita Más Ybáñez, en colaboración co Centro Ágora de A Coruña. Ambas actividades son de carácter gratuíto abertas ao público en xeral, aíndaque para poder asistir é necesaria a inscrición previa xa que hai 20 plazas dispoñibles para cada unha delas.  

- A primeira visita terá lugar o vindeiro mércores 20 de marzo ás 12h. As persoas interesadas en participar deben realizar a inscrición antes das 18h do luns 18 de marzo, pulsando aquí.

- A segunda visita terá lugar o mércores 03 de abril ás 18h. As persoas interesadas en participar poden realizar a inscrición ata as 12h do día de celebración da actividade, pulsando aquí.

Durante estas visitas, a autora explicará in situ o significado e historia que hai tras cada imaxe.

A SAIA RAIÑA” é unha exposición de testemuños, non é unha exposición fotográfica, nin unha exposición de videocreación. Así define a autora o traballo que presentará nesta conferencia, na que explicará as motivacións que lle levaron a realizar este proxecto e o longo camiño transcorrido ata que se materializou nunha exitosa exposición itinerante. Como ela mesma explica, o seu labor foi a de escoitar e mostrar; dar voz a quen non fose escoitada e mantivo un costume que, polo menos, desvela de novo unha desigualdade existente entre homes e mulleres, tanto no acceso á cultura, ás festas e participacións sociais, como no status persoal e mesmo no dereito de manifestar os seus sentimentos.

Máis información na Secretaría do Centro UNED da Coruña (rúa Educación, 3- 15011 A Coruña) no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es