Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo sobre Xestión das Emocións na Infancia: 3. As emocións secundarias

5 de abril de 2019

O martes 23 de abril empeza o terceiro e último curso do Ciclo. Pódese seguir en modalidade presencial e online (tanto en streaming directo como en diferido) e ten recoñecido 1 ECTS

Ángeles Amor García, psicóloga clínica e profesora-titora do grao en Psicoloxía do Centro Asociado UNED A Coruña é a directora e relatora do curso sobre As emocións secundarias na educación infantil. Esta actividade enmárcase no Ciclo sobre a Xestión das emocións na infancia; con todo, cada un destes cursos que compoñen o ciclo pódense realizar de forma independente, xa que cada un mantén unha temática específica. Este último curso do Ciclo centrarase na xestión dos celos, a vergoña e a autoestima nos nenos e nenas, analizando as características fisiolóxicas, cognitivas e conductuais polas cales se manifestan. Do mesmo xeito que nos cursos xa realizados, ensinarase a identificar estas emocións e a corrixir a súa manifestación negativa; este é un aspecto básico para o correcto funcionamento dos nenos e nenas na sociedade, influíndo e determinando un amplo abanico das súas experiencias persoais, desde a súa traxectoria académica ata as súas relacións sociais e traxectoria vital.

Está dirixido a estudantes dos graos e másteres en Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social, Socioloxía, Criminoloxía, etc.,

Tamén ao público en xeral, xa que non é necesario ter unha titulación previa para realizar esta actividade. Pode resultar especialmente de interese a educadoras e educadores infantís, profesorado dos diferentes niveis educativos, pais e nais, así como a todas aquelas persoas que estean en contacto con nenos desta idade.

A asistencia pode ser tanto presencial como online, xa que tamén se pode seguir en streaming directo e en diferido. As sesións teóricas celebraranse os martes 23 e 30 de abril e 07 de maio de 2019, de 16:30 a 20:30h na sede do Centro UNED da Coruña. Este curso ten recoñecido 1 crédito ECTS.

Podes matricularte na actividade aquí.

Podes consultar e descargar o folleto do ciclo aquí.

Máis información na Secretaría do Centro da Coruña (rúa Educación 3 – 15011, A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es