Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Violencia de Xénero: Programas de intervención e tratamento de agresores"

9 de mayo de 2019

Celebrarase os días 15 e 16 de maio na aula UNED/UNED de Ferrol, en modalidade presencial e online (streaming directo e diferido), ten recoñecido 1 ECTS e está homologado provisionalmente pola AGASP

A Aula UNED de Ferrol acolle os días 25 e 26 de abril o curso "Violencia de Xénero: Programas de intervención e tratamento de agresores", dirixido a estudantes de e os graos e másteres en Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, Socioloxía, Criminoloxía, Dereito, etc., mais pode resultar de interese para calquera profesional que interveña nos diferentes ámbitos relacionados coa prevención e loita contra a violencia de xénero. Concretamente, en relación cos membros das forzas e corpos de seguridade, pode proporcionar os coñecementos teóricos para o mellor desempeño da súa función de prevención, asistencia ás vítimas e auxilio ás mesmas en orde a unha máis eficaz instrución e axuizamento dos delitos.

O curso, impartido por Víctor Fraga Gayoso e dirixido por Luís Fernández Ríos, ten como obxectivo xeral formar aos profesionais que interveñen en diferentes ámbitos contra a violencia de xénero e, máis especificamente, coñecer os programas de intervención para a modificación de conduta dos agresores penados en España e dotar ao alumnado de habilidades para afrontar a intervención con agresores. En España hai máis de 130.000 denuncias ao ano por violencia de xénero e dítanse máis de 30.000 ordes de protección. A pesar do gran esforzo que a sociedade española está a realizar para erradicala, a violencia de xénero segue sendo un problema de primeira magnitude, con máis de medio centenar de mulleres asasinadas anualmente a mans das súas parellas ou exparellas.

A intervención con homes que exerceron violencia de xénero e que foron condenados a cumprir unha medida penal alternativa está integrada na resposta comunitaria que a sociedade española ha impulsado para loitar contra esta secuela social, a través da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. A experiencia penal en materia de violencia de xénero ten os seus antecedentes no ano 2001, no que se empezaron a desenvolver este tipo de programas de intervención no medio penal e, posteriormente, no medio aberto. Nesta liña de actuación, no ano 2010 publicouse o programa “Violencia de xénero. Programa de intervención para agresores (PRIA)". No ano 2015, creouse un grupo de traballo para avaliar o programa PRIA, revisar literatura nacional e internacional e analizar as valoracións dos profesionais penais que o aplican diariamente. O resultado desta revisión é o Programa de intervención para agresores de violencia de xénero en medidas alternativas (PRIA-MA). Neste curso, analizaranse estes programas, tanto desde o punto de vista do seu funcionamento como desde unha revisión crítica sobre a súa eficacia.

Víctor Fraga Gayoso, é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, Sección Psicoloxía pola Universidade Santiago de Compostela (USC) e Máster Prevención Riscos Laborables. Actualmente é Director de Programas do Corpo Superior Técnico de Institucións Penais (II.PP.), especialidade Psicoloxía. Funcionario de carreira desde 1982, participou como relator en diferentes congresos e xornadas científicas a nivel nacional e internacional; na súa ampla traxectoria profesional, destaca a participación no grupo de expertos de II.PP. no estudo "Condiciones de traballo nos Centros Penais Españois. Proposta dun plan de actuación."; é autor e redactor do “Plan Estratéxico de reinserción socio-laboral para mulleres e mozas de 18-25 anos en contexto de peche en Uruguai” e, 2015, realizou a asesoría especializada para o fortalecemento da rede de atención integral ás mulleres vinculadas a un proceso penal e dos seus familiares dependentes en situacións de vulnerabilidade, en Costa Rica.

O curso consta de 25 horas lectivas e pode seguirse na modalidade presencial e online, tanto en streaming directo como en diferido. Conta co recoñecemento de 1 crédito ECTS e, ademais, coa homologación provisional da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Podes matricularte no curso aquí.

Máis información no servizo de Secretaría da aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol), no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es

-----------------------{}----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es