Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

II Feira de Emprego do Centro UNED A Coruña

16 de mayo de 2019

Actividade gratuíta que terá lugar o 12 de xuño durante todo o día e haberá stands de empresas, charlas formativas e presentacións. Como novidade, esta edición contará cunha xornada dedicada aos colexios profesionais e as charlas poderanse seguir en streaming directo

>>Video presentación da II Feira de Emprego UNED A Coruña<<

Motivacións

  • - A Feira de Emprego do Centro UNED da Coruña preséntase como unha oportunidade de contacto do noso alumnado co tecido empresarial da cidade. Trátase dun encontro estudante-empresa para promover e impulsar a necesaria transición entre o proceso de formación e a inmediata inserción no mercado laboral; unha xornada de networking onde poder acurtar a distancia entre as posibilidades de emprego dos recentemente titulados e a necesidade de captación de profesionais cualificados na contorna máis inmediata.
  • - En Xeral, queremos que la II Feira de Emprego sexa unha xornada de información ao alumnado o máis completa posible, dando a coñecer as distintas posibilidades en emprego, profesionalización e inserción laboral que teñen á súa disposición na súa contorna. 

Novidades

Debido ao éxito da I Feira de Emprego celebrada en 2018, nesta II edición ampliamos os recursos ao dispor do alumnado:

  • - Increméntase a presenza de empresas e o horario de celebración, engadindo unha quenda de tarde dedicado aos Colexios Profesionais e á orientación profesional do alumnado, o que supón unha oportunidade para que os colexios profesionais da nosa contorna poidan informar sobre as vantaxes e servizos que ofrece a colexiación.
  • - Haberá un stand do COIE (Centro de Orientación, Información i Emprego) do Centro UNED A Coruña, con información sobre os másteres e programas de especialización que se poden cursar na UNED. 
  • - Amplíanse os obradoiros formativos coas presentacións breves dos Colexios Profesionais na quenda de tarde.
  • - Nesta edición, o alumnado poderá seguir todos os talleres e presentacións en modalidade presencial e online (a través da emisión en directo).

Obxectivos

  • - Asesorar aos estudantes na procura de emprego desde diferentes puntos de vista.
  • - Fomentar a inserción laboral dos recentemente titulados/as do Centro UNED da Coruña.
  • - Proporcionar ao alumnado da UNED da Coruña un espazo de información sobre as posibilidades de emprego cualificado na súa contorna máis inmediata.
  • - Crear un espazo de colaboración entre as empresas da Coruña e o alumnado da UNED do Centro.
  • - Mostrar ás empresas da cidade da Coruña o potencial profesional do alumnado do Centro.

Programa

MESAS INFORMATIVAS

Lugar: hall del Centro 

- Quenda de mañá: Empresas

Desde as 10:00 horas ata as 13:30 h estarán aloxadas no hall diferentes empresas e institucións para informar ás persoas asistentes sobre as ofertas laborais e procesos de selección. As empresas expositoras ofrecerán información específica sobre as posibilidades de emprego nos diferentes sectores, así como sobre os programas de formación, prácticas e/ou bolsas que poidan ter estas empresas, e que poden resultar de especial interese para o alumnado que aínda non completou a súa formación.

Empresas participantes (provisional):

  • - Forzas Armadas. Subdelegación de Defensa da Coruña
  • - Seguros OCASO

  • - Europe Direct - Deputación da Coruña. 
  • - LN Consultores. 
  • - Grupo TEMPORING.
  • - SOFTTEK.
  • - Fundación Equipo Humano.

- Quenda de tarde: Colexios Profesionais

Desde as 16:30 horas ata as 20:00 h estarán aloxados no hall diferentes colexios profesionais para informar sobre a colexiación, vantaxes e oportunidades de profesionalización.

Tamén haberá unha mesa informativa do COIE sobre másteres e programas de especialización da UNED de interese para o alumnado do Centro UNED da Coruña. Así, amplíase a información profesional ao noso alumnado poñendo á súa disposición distintos recursos para que, deste xeito, teñan un maior acceso a diferentes áreas relacionadas cos seus estudos e co inicio da súa carreira laboral.

Colexios Profesionais participantes:

  • - Colexio de Economistas de A Coruña .
  • - Colexio de Educadores i Educadoras Sociais de Galicia (CEESG) 
  • - Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) 
  • - Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia) 
  • - Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICP Coruña - CEPROC)

TALLERES FORMATIVOS

Lugar: Salón de Actos

Todas as charlas e presentacións pódense seguir tamén online (streaming directo) para que o alumnado que non poida acudir ao Centro poida informarse igualmente e acceder aos contidos que se mostrarán durante as exposicións orais.

- Quenda de mañana: Charlas e talleres

Desde as 10:30 horas ata as 13:30 h realizaranse charlas e talleres breves de diferentes organismos e institucións especializadas en formación e emprego. A finalidade das exposicións orais é asesorar ao alumnado na procura de emprego desde diferentes puntos de vista, orientarlles acerca da realidade laboral da contorna e dar a coñecer as opcións de prácticas, formación e bolsas tanto nacionais como no estranxeiro .

  • Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña.

  • Europa Direct – Diputación da Coruña

  • Fundación Galicia Europa

  • Confederación de Empresarios da Coruña

- Quenda de tarde: Presentacións

Desde as 16:30 horas ata as 20:00h realizaranse presentacións breves nas que os Colexios Profesionais presentes nos que darán a coñecer o seu traballo, así como as oportunidades profesionais e as vantaxes formativas que ofrece a colexiación.

Nesta quenda de presentacións tamén participará o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña (ICACOR).

Data e localización

- O mércores 12 de xuño de 2019, a partir das 10:00 horas na sede do Centro Asociado UNED A Coruña.

Participación

- Para participar nesta actividade é necesaria a inscrición a través da matrícula on-line. Recoméndase ao alumnado interesado que traia consigo un Currículo Vitae, así como toda a documentación que poida ser de interese para as empresas expositoras.

Inscrición

- Gratuíta, a través deste enlace.

>>I Feira de Emprego UNED A Coruña (2018): accede aquí á presentación<<

Máis información en:

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

  • Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol), no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es