Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CURSOS DE VERÁN UNED Edición 2019

13 de mayo de 2019

"Miradas de xénero desde os Centros Penais" celebrarase no Centro Penal de Teixeiro os días 2, 3 e 4 de xullo.

Xa está aberta a matrícula do Curso de Verán "Miradas de xénero desde os Centros Penais", organizado polo Centro Asociado UNED A Coruña e que, como cada ano, celebrarase no Centro Penal de Teixeiro. Con este curso complétase a liña de formación sobre a temática de xénero que, desde o Centro Asociado, viñemos realizando durante o curso 2018-19 en Extensión Universitaria. A continuación, mostrámosvos a información xeral:

Equipo Docente

  • Departamento: Dereito Político da UNED.
  • Dirección: Fernando Reviriego Picón, profesor Titular de Dereito Constitucional na UNED.
  • Coordinación: Laura Sánchez Pérez, profesora titora de Antropoloxía e coordinadora de Extensión Universitaria do Centro Asociado UNED A Coruña.

Imparten

  • - Fernando Reviriego Picón, profesor Titular de Dereito Constitucional (UNED)
  • - María del Mar Lorenzo Moledo, profesora de Pedagoxía e Didáctica (USC)
  • - María del Puerto Solar Calvo, xurista de II.PP, C.P. El Dueso (Cantabria)
  • - Joaquín Eugenio Arribas López, xurista de II.PP, subdirector Xeral de Recursos Humanos de II.PP.
  • - Cristina Morado Fernández, avogada.
  • - Elvira Fernández, subdirectora de tratamento do Establecemento Penal de Monterroso (Lugo)
  • - Patricia Faraldo Cabana, profesora de Dereito Penal (UDC)

Datas

Os días 2, 3 e 4 de xullo de 2019.

Lugar

Desenvolverase integramente na modalidade presencial nas instalacións do Centro Penal de Teixeiro.

Duración

20 horas.

Horario

  • - Martes 2 de xullo: de 9:00 a 13:30 horas.
  • - Mércores 3 de xullo: de 9:30 horas a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
  • - Xoves 4 de xullo: e 9:30 a 14:00 horas.

Descrición

Preséntanse neste curso diferentes visións, desde unha perspectiva de xénero e unha óptica multidisciplinar (dereito, socioloxía, pedagoxía, historia...), das experiencias das mulleres dentro das prisións, abordando temas centrais que inflúen sobre as diferenzas de xénero como a educación, a maternidade, a inserción laboral, etc.

A igualdade é un dos valores superiores do noso ordenamento á vez que un dereito fundamental e un principio político que debe mover a actuación de todos os poderes públicos. A igualdade non só se proxecta como igualdade formal, na aplicación da lei e mesmo no contido da mesma, senón tamén como igualdade material, na realidade efectiva, impoñendo a directriz de remover os obstáculos que impiden que esta sexa real e efectiva.

Obxectivos

Coñecer da man de especialistas que traballaron en centros penais temas que inflúen sobre as diferenzas de xénero dentro dos centros penais.

Créditos

Concederase, ao seu termo, 1 crédito ECTS.

Descarga o díptico informativo (en castelán) aquí.

 

Podes matricularte no curso aquí.

  • Avisos importantes de matrícula:
  • - Consulta as normas específicas de matrícula para alumnado externo ao Centro Penal aquí.
  • - Consulta os documentos que debes remitir OBRIGATORIAMENTE ao Centro Asociado para formalizar a matrícula aquí.
  • - As persoas que se inscriban e realicen o pago antes do 1 de xullo de 2019, poderán beneficiarse dun desconto por matrícula anticipada.
  

Máis información no servizo de Secretaría do Centro UNED A Coruña (rúa Educación, 3 - 15011 A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es

--------------------------{}-------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Youtube

Blogue UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es