Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Comezan os exames de xuño

20 de mayo de 2019

O Centro Asociado da Coruña empraza aos seus 4.000 alumnos/as de Graos, Másteres e Acceso a maiores de 25 e 45 anos

Hoxe luns, a partir da 09:00 h comezan as segundas probas presenciais deste curso. Para axudarvos a afrontalas con éxito lembrámosvos que:

1. Os exames realízanse integramente na sede do Centro Asociado da Coruña (rúa da Educación, número 3)

  • - Na Aula de Ferrol NON se realizan exames.
  •  - Se queres examinarte noutro Centro da UNED distinto ao que estás matriculado debes solicitalo por escrito, á atención do/a Director/a do Centro onde vas examinarche, xunto cunha fotocopia do resgardo de matrícula.

2. Hai dúas semanas para realizar os exames das materias de segundo cuadrimestre:

  • - 1ª semana: do luns 20 ao sábado 25 de maio de 2019.
  • - 2ª semana: do luns 3 ao venres 7 de xuño de 2019.

3. O sábado 25 de mayo poderanse facer os exames de reserva

  • - Podes escoller esta opción se che coinciden dous ou máis asignaturas no mesmo día e á mesma hora
  • - Se poderán realizar un máximo de 3 exames sen interrución durante 4 horas mais, en caso de presentarse a 1 ou 2 exames, o tempo máximo se axustará ao establecido en cada un. 

3. Podes escoller realizar o exame dunha materia ou ben na primeira semana ou ben na segunda. Nunca podes escoller examinarche dunha mesma materia nas dúas semanas.

4. Hai catro sesións de exames ao longo de cada xornada:

  • - Dous en quenda de mañá (9:00 e 11:30 horas) e dúas en quenda de tarde (16:00 e 18:30 horas).

5. Cada exame ten unha quenda diferente en cada semana (mañá ou tarde) para axudarche a conciliar os teus estudos coa túa vida laboral e persoal.

  • - Consulta o calendario de exames aquí para coñecer que quenda se axeita mellor ás túas necesidades.

6. Non te esquezas de traer o carné de estudante deste curso académico 2018/2019 e o DNI (ou NIE). Se non, non poderás acceder ao teu exame nin validar a túa identidade cando cho requira o Tribunal.

7. Chega con, polo menos, 15 minutos de antelación a cada quenda de exames. Así terás tempo suficiente para acceder á aula de exames e non restalo do que dispós para realizar cada proba.

  • O tempo do que dispós para realizar a proba aparece na páxina principal do teu exame, xunto aos teus datos, indicando a hora de inicio e a de finalización do mesmo.

8. Se chegas algo tarde, podes entrar ata 30 minutos despois do comezo de cada quenda. Con todo, é posible que ese tempo réstese do dispoñible para realizar a proba se esta é de longa duración.

9. Non se poderá abandonar a aula ata pasados 30 minutos do comezo de cada quenda.

10. Revisa os datos da páxina principal do teu exame para comprobar que está todo correcto.

  • - Tómate uns minutos para ler os enunciados e instrucións que o Equipo Docente inclúe en cada exame. 

Lembra que está prohibido o uso de cualquera medio dixital (teléfono móvil, smartphone, Tablet, smart watch, IPod, etc.) dentro da aula de exames.

Lembra tamén que, durante os días de celebración de exames, a sala de lectura da Biblioteca do Centro Asociado da Coruña, permanecerá aberta ininterrompidamente en horario de 9:00 da mañá a 9:00 da noite, de luns a venres. 

  

E se tes máis dúbidas, podes consultar os seguintes documentos:

 

Máis información en:

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

  • Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 
-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña     

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es