Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

II Feira de Emprego

23 de mayo de 2019

Vídeo Presentación "Ven e atopa a túa oportunidade"

Presentámosvos o vídeo promocional da II Feira de Emprego do Centro UNED A Coruña que se celebrará o mércores 12 de xuño no hall do Centro Asociado da Coruña.

Aínda que o programa aínda é provisional, queremos compartir con toda a nosa comunidade UNED esta actividade que esperamos que sexa do voso interese e que vos animedes a participar.

A asistencia é gratuíta, aberta a toda persoa interesada; ademais, as charlas e presentacións poden seguirse tamén online (emisión en directo).

Podes ver o vídeo de presentación "Ven e atopa a túa oportunidade" pulsando aquí.

Nesta nova edición, contamos coa presenza de:

  • - Europe Direct - Deputación dá Coruña.
  • - FORZAS ARMADAS. Ministerio de Defensa. Subdelegación de Defensa da Coruña.
  • - Fundación Equipo Humano.
  • - LN Consultores.

  • - Seguros Ocaso.
  • - SOFTTEK.
  • - Grupo TEMPORING.

  • - Colexio de Economistas da Coruña
  • - Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (CEESG)
  • - Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)
  • - Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia)
  • - Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICP Coruña - CEPROC)

As charlas sobre orientación laboral, bolsas e programas de prácticas estarán a cargo de:

  • - Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña
  • - Europa Direct – Deputación da Coruña
  • - Fundación Galicia Europa
  • - Confederación de Empresarios da Coruña

E, pola tarde, representantes dos Colexios Profesionais presentarán os seus servizos (tamén online).

Consulta a noticia coa descrición detallada da actividade e o programa aquí.

¡Anímate a participar! Só debes inscribirte gratis aquí.

En 2018 , máis de 100 alumnos e alumnas participaron na I edición da Feira de Emprego do Centro UNED A Coruña apostando polo seu futuro laboral e profesional. ¡Ven e atopa a túa oportunidade!

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es