Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

II Feira de Emprego: Charlas e talleres

30 de mayo de 2019

Presentámosvos o programa de charlas e talleres que se realizarán o día 12 de xuño durante a II Feira de Emprego, poden seguirse en modalidade presencial e online (en directo)

Programa das charlas e presentacións:

- Quenda de mañá: 

Desde as 10:30 horas realizaranse charlas e talleres breves de diferentes organismos e institucións para asesorar na procura de emprego desde diferentes puntos de vista, orientar acerca da realidade laboral da contorna e dar a coñecer as opcións de prácticas, formación e bolsas tanto nacionais como no estranxeiro.

  • 10:30 h.: "A Inserción laboral no ámbito local". Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña.
  • 11:00 h.: "Prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais". Fundación Galicia Europa.
  • 11:30 h.: "Redes de Información Europea. Oportunidades na web". Europe Direct Deputación da Coruña.
  • 12:00 h.: "Claves para o emprendemento". Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña.
  • 12:30 h.: "Redes Sociais e Internet para a procura de emprego". Confederación de Empresarios da Coruña.

- Quenda de tarde:

Desde as 17:00 horas realizaranse presentacións breves nas que os Colexios Profesionais darán a coñecer o seu traballo, así como as oportunidades profesionais e as vantaxes formativas que ofrece a colegiación.

  • 17:00 h.: Presentación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)
  • - 17:30 h.: Presentación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia)
  • 18:00 h.: Presentación do Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICP Coruña - CEPROC)
  • 18:30 h.: Presentación do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (CEESG)
  • 19:00 h.: Presentación do Colexio de Economistas da Coruña.
  • 19:30 h.: Presentación do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña (ICACOR)

Data e localización: o mércores 12 de xuño de 2019 na sede do Centro Asociado UNED A Coruña

Aula: Salón de Actos

Asistencia: presencial e online (streaming directo). 

Inscrición e matrículagratuíta, é necesaria a inscrición previa a través desta ligazón

- Outras empresas e organismos participantes na II Feira de Emprego:

  • Forzas Armadas. Subdelegación de Defensa da Coruña
  • Seguros OCASO

  • LN Consultores

  • Grupo TEMPORING
  • SOFTTEK
  • - Fundación Equipo Humano

Accede ao vídeo presentación aquí

Máis información en:

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

    Segregaría da aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Youtube

Blogue UNED/UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es