Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A construción do 'fenómeno Fans' na música pop a finais dos anos 80 e principios dos 90. ¿Hedonismo e comercialidade?

11 de junio de 2019

Actividade gratuíta aberta ao público en xeral que se celebrará os próximos 13 e 14 de xuño na sede da Coruña, pode seguirse de maneira presencial ou online (emisión en directo e en diferido)

O Centro UNED A Coruña celebrará o seminario gratuíto “A construción do "fenómeno Fans" na música pop a finais dos anos 80 e principios dos 90. ¿Hedonismo e comercialidade?”, impartido polo doutor en Xeografía e Historia, Israel Sanmartín Barros, o xoves 13 venres 14 de xuño a partir das 19 horas.     

Esta actividade, de acceso gratuíto e dirixida ao público en xeral, ten como obxectivo analizar o contexto no que se desenvolve o “fenómeno fans” nos grupos españois de finais dos 80 principios dos 90, así como algunhas das características estéticas e musicais das bandas, as súas letras e a recepción por parte da crítica.

A música pop nos anos 80 en España representou unha nova idade de ouro asociada a un renacemento cultural de amplo espectro conectado coa transición. As chamadas "movidas" que se deron en toda España fóronse transformando ao longo dos anos 80. Como afirma o relator, podemos establecer unha primeira xeración de grupos ata 1985 e despois unha segunda fornada desde aí; pero existe un ramallete de bandas que xorden ou se dan a coñecer a finais dos 80 e os primeiros anos 90, que responden ao que se denominou "fenómeno fans" e que podemos acoutar en grupos como Los Limones, Modestia Aparte, Terapia Nacional, La LLamada, Harly, Intrusos, Platón, OBK y Matrícula Uve, entre outros. Todos estes grupos aparecen despois das explicacións que sacudiron aos anos 80 como anos nos que segundo algúns autores serían momentos de descompromiso e desencanto e para outros de compromiso co poder socialista ou neoliberal. 

A finais dos anos 80 e principios dos 90 España continuaba a construción da súa incipiente democracia nun contexto mundial de final da Guerra Fría. Nese contexto, se sitúa o obxecto de estudo deste seminario e os grupos sobre os que se vai traballar. O obxectivo é preguntarse se estas bandas se ponden explicar baixo as coordenadas de hedonismo/comercialidade ou se se poden entroncar coas explicacións que hai para todos os anos 80. Con esta premisa se analizaran algunhas das características estéticas e musicais das bandas, así como as súas letras e a recepción por parte da crítica.

Israel Sanmartín Barros é doutor en Xeografía e Historia, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesor-titor do Centro Asociado UNED A Coruña.

O seminario pódese seguir en modalidade presencial e online (tanto en directo como en diferido) e é necesaria a inscrición previa.

Podes inscribirte gratis aquí. 

Máis información no servizo de Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

-----------------------{}----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Youtube

Blogue UNED/UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es