Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

II Feira de Emprego do Centro UNED A Coruña: ¡Ven e atopa a túa oportunidade!

6 de junio de 2019

A segunda edición da Feira de Emprego do Centro UNED A Coruña celebrarase o vindeiro mércores 12 na sede da Coruña. Non hai límite de idade, a entrada é gratuíta e haberá charlas e talleres durante todo o día, que tamén se poden seguir online

O Centro UNED A Coruña celebra un ano máis a súa Feira de Emprego, destinada principalmente a estudantes recentemente titulados/as nos diferentes graos e másteres, así como a persoas  interesadas en xeral, xa que non existe un límite de idade para acceder á actividade nin ás ofertas de emprego.

Na edición anterior, máis de 100 alumnos e alumnas apostaron polo seu futuro laboral e as empresas participantes destacaron de forma positiva as calidades do alumnado da UNED, cuxo perfil se caracteriza por ser estudantes disciplinados e responsables.

A II Feira de Emprego contará coa participación de 15 empresas, entidades e organismos: máis de 30 profesionais que informarán as persoas interesadas sobre ofertas de emprego, prácticas nacionais e internacionais, oposicións, programas de especialización, emprendemento, procura activa de emprego e outras oportunidades laborais durante toda a xornada do mércores 12 de xuño.

Como novidade, este ano amplíase o horario de celebración desde as 10 da mañá ás 20:30 da tarde, en dúas quendas de diferente temática:

- Durante a mañá (de 10:00h-13:30h) poderase contactar con diferentes empresas participantes e asistir a talleres formativos sobre orientación laboral, programas internacionais, emprendemento e procura de emprego que se celebran cada 30 minutos no salón de actos.

- Durante a tarde (de 16:30h-20:30h), que está dedicada exclusivamente á profesionalización e especialización laboral, poderase contactar con diferentes colexios profesionais e asistir ás charlas informativas sobre os servizos e vantaxes de colexiación. Nesta quenda tamén estará presente unha mesa informativa do COIE, con información sobre os másteres e programas de doutoramento da UNED.

Ademais, todas as charlas, talleres e presentacións poderanse seguir tanto de maneira presencial como online, xa que se emitirán en directo a través de streaming.

A entrada é gratuíta, aínda que é necesaria a inscrición previa (podes inscribirte gratis pulsando aquí). Recoméndase traer un Currículo Vitae actualizado, así como aquela documentación profesional que poida ser de interese para as empresas expositoras.

Accede ao vídeo presentación "¡Ven e atopa a túa oportunidade!" pulsando aquí.

PROGRAMA:

- 10:00-13:30 h.: Mesas informativas das empresas expositoras no hall do Centro. As persoas interesadas poderán contactar coas seguintes empresas:

 

Talleres formativos no Salón de Actos:

- 10:30 h. "A Inserción laboral no ámbito local", Ana Luisa Colino Gallego, xefa da Sección de Fomento do Emprego do Concello da Coruña.

- 11:00 h. "Prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais", Cristina Dans Iglesias e Valentín Gómez-Iglesias Rosón, Fundación Galicia-Europa.

- 11:30 h. "Redes de Información Europea. Oportunidades na web", Cristina Couto Palla, xefa de Equipo de Europe Direct Deputación da Coruña

- 12:00 h. "Claves para o emprendemento", Jorge Vidal Zapatero, xefe do Departamento de promoción económica e comercio do Concello da Coruña.

- 12:30 h. "Redes Sociais e Internet para a procura de emprego", Concepción Varela Vázquez, responsable de Proxectos da Confederación de Empresarios da Coruña e Iria Roade García, técnica de Proxectos da área de Emprego da Confederación de Empresarios da Coruña. 

  • Presenta: Nuria Rebollo Quintelacoordinadora do COIE do Centro UNED A Coruña.

  

- 16:30-20:00 h. Mesas informativas dos Colexios Profesionais no hall do Centro. As persoas interesadas poderán contactar coas entidades seguintes:

Charlas informativas no Salón de Actos:

- 17:00 h. Presentación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), Mayka González Mouriño, técnica de Emprego do COTSG e María Fe Sampayo Fernández, técnica de Formación do COTSG.

- 17:30 h. Presentación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPGalicia), Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, vicesecretaria do COPG e responsable do departamento de Formación, Emprego e Desenvolvemento, e José Ortuño Vilurbina, vicepresidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.

- 18:00 h. Presentación do Ilustre Colexio Profesional de Procuradores da Coruña (ICPCoruña - CEPROC), Javier Carlos Sánchez García, Decano do ICPCORUÑA - CEPROC e Carmen Belo González, vicedecana do ICPCORUÑA - CEPROC.

- 18:30 h. Presentación do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia (CEESG), Natalia Domínguez Galán, vicepresidenta do CEESG e Sonia González Rodríguez, vogal da Xunta de Goberno do CEESG

- 19:00 h. Presentación do Colexio de Economistas da Coruña, Rosa Ónega Saavedra, secretaria Técnica do Colexio de Economistas da Coruña e Iria Flavia Dapena Seijas, secretaria Técnica Adxunta do Colexio de Economistas da Coruña.

- 19:30 h. Presentación do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña (ICACOR), Carlos Tomei Santiago, deputado 6º do ICACOR

  • Presenta: Noelia Moreta Liñaresdelegada de estudantes do Centro UNED A Coruña.
 

A II Feira de Emprego do Centro UNED A Coruña ten como obxectivos fomentar a inserción laboral, proporcionar un espazo de información sobre as posibilidades de emprego cualificado na contorna máis inmediata, mostrar ás empresas e entidades da cidade o potencial profesional do alumnado do Centro e asesorar sobre as posibilidades laborais desde diferentes puntos de vista.

A inserción laboral é unha etapa crucial do desenvolvemento curricular, por iso desde o Centro UNED da Coruña queremos mostrar o noso compromiso coa mellor formación do noso alumnado a través da celebración da II Feira de Emprego.

Xa sabes: ¡Ven e atopa a túa oportunidade!

Máis información en:

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es
-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es