Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Miradas de xénero desde os Centros Penais" 

26 de junio de 2019

Últimos días de matrícula para o Curso de Verán que se celebrará no Centro Penal de Teixeiro os días 2, 3 e 4 de xullo.

Mañá xoves se pecha a matrícula do Curso de Verán "Miradas de xénero desde os Centros Penais", organizado polo Centro Asociado UNED A Coruñaque, como cada ano, celebrarase no Centro Penal de Teixeiro. Con este curso complétase a liña de formación sobre a temática de xénero que, desde o Centro Asociado, viñemos realizando durante o curso 2018-19 en Extensión Universitaria. A continuación, mostrámosvos a información xeral:

Equipo Docente

Departamento: Dereito Político da UNED.

Dirección: Fernando Reviriego Picón, profesor Titular de Dereito Constitucional na UNED.

Coordinación: Laura Sánchez Pérez, profesora titora de Antropoloxía e coordinadora de Extensión Universitaria do Centro Asociado UNED A Coruña.

Imparten

- Fernando Reviriego Picón, profesor Titular de Dereito Constitucional (UNED)

- María del Mar Lorenzo Moledo, profesora de Pedagoxía e Didáctica (USC)

- María del Puerto Solar Calvo, xurista de II.PP, C.P. El Dueso (Cantabria)

- Joaquín Eugenio Arribas López, xurista de II.PP, subdirector Xeral de Recursos Humanos de II.PP.

- Cristina Morado Fernández, avogada.

- Elvira Fernández, subdirectora de tratamento do Establecemento Penal de Monterroso (Lugo)

- Patricia Faraldo Cabana, profesora de Dereito Penal (UDC)

Datas

Os días 2, 3 e 4 de xullo de 2019.

Lugar

Desenvolverase integramente na modalidade presencial nas instalacións do Centro Penal de Teixeiro.

Duración

20 horas.

Horario

- Martes 2 de xullo: de 9:00 a 13:30 horas.

- Mércores 3 de xullo: de 9:30 horas a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

- Xoves 4 de xullo: e 9:30 a 14:00 horas.

Descrición

Preséntanse neste curso diferentes visións, desde unha perspectiva de xénero e unha óptica multidisciplinar (dereito, socioloxía, pedagoxía, historia...), das experiencias das mulleres dentro das prisións, abordando temas centrais que inflúen sobre as diferenzas de xénero como a educación, a maternidade, a inserción laboral, etc.

A igualdade é un dos valores superiores do noso ordenamento á vez que un dereito fundamental e un principio político que debe mover a actuación de todos os poderes públicos. A igualdade non só se proxecta como igualdade formal, na aplicación da lei e mesmo no contido da mesma, senón tamén como igualdade material, na realidade efectiva, impoñendo a directriz de remover os obstáculos que impiden que esta sexa real e efectiva.

Obxectivos

Coñecer da man de especialistas que traballaron en centros penais temas que inflúen sobre as diferenzas de xénero dentro dos centros penais.

Créditos

Concederase, ao seu termo, 1 crédito ECTS.

Descarga o díptico informativo (en castelán) aquí.

 

Podes matricularte no curso aquí.

Avisos importantes de matrícula:

Consulta as normas específicas de matrícula para alumnado externo ao Centro Penal aquí.

Consulta os documentos que debes remitir OBRIGATORIAMENTE ao Centro Asociado para formalizar a matrícula aquí.

As persoas que se inscriban e realicen o pago antes do 1 de xullo, poderán beneficiarse dun desconto por matrícula anticipada.

  

Máis información no servizo de Secretaría do Centro UNED A Coruña (rúa Educación, 3 - 15011 A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es

--------------------------{}-------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Youtube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es