Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

CICLO “AD LIMINA IACOBI. Historia, arte, vida e morte en torno ao Camino de Santiago”

29 de julio de 2019

6 conferencias gratuítas e 2 visitas guiadas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2019-2020 dentro da programación cultural do Centro UNED A Coruña

Como preludio informativo ao próximo Xacobeo 2021, o Centro Asociado UNED A Coruña realizará ao longo do primeiro cuadrimestre o Ciclo “AD LIMINA IACOBI. Historia, arte, vida e morte en torno ao Camiño de Santiago”, composto por 6 conferencias e 2 visitas guiadas dentro da programación cultural para o curso 2019/2020. Todas as actividades que compoñen o Ciclo son de carácter gratuíto e abertas ao público en xeral; as conferencias poderanse seguir de maneira presencial e online (emisión en directo), como é habitual nas actividades culturais que se realizan no noso Centro.

O Ciclo está dirixido por María J. Loira Enríquez, profesora-titora o Centro UNED A Coruña que, como cada ano, presenta actividades de interese tanto para o alumnado do Centro como para o público en xeral. Nesta ocasión, tras máis de seis meses de organización e planificación, reuniu a 6 recoñecidas autoridades académicas e profesionais, que achegarán a súa visión experta sobre diferentes aspectos do Camiño de Santiago, propoñendo unha visión alternativa do mesmo, abordando aspectos en ocasións desconectados ou esquecidos.

O Ciclo Ad Limina Iacobi exponse como un camiño de coñecemento, cuxo itinerario percorrerá a historia da súa sinalada catedral, dos roteiros terrestres, marítimas e celestes, así como dos seus cemiterios, integrando na viaxe a historia, a arte, a vida e a morte, da man de recoñecidos investigadores en cada un dos temas.

CONFERENCIAS:

- 22 de outubro de 2019: “A Catedral de Santiago. Toda unha historia

Alfredo Vigo Trasancos. Doutor en Historia da Arte. Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

A Catedral de Santiago foi e é referente para o peregrino como punto culminante do camiño. No relatorio farase unha revisión das diferentes etapas construtivas do edificio ao longo do seu devir histórico, reflexo das transformacións en arquitectura, en arte, en economía e aínda nas necesidades e nos gustos.

- 20 de novembro de 2019: A proxección humana de D. Ramón María Aller Ulloa. O seu legado científico inédito

Cecilia Doporto Regueira. Doutora en Historia da arte. Directora de Casa-Museo Ramón María Aller de Lalín.

A figura de Ramón María Aller está ligada á Astronomía e a Santiago de Compostela, o que nos convida a profundar na vida e obra deste intelectual en cuxa vila natal, Lalín, consérvase, froito do seu labor, o primeiro observatorio astronómico de Galicia. O camiño das estrelas, a Vía Láctea, marcaba a dirección ao peregrino cando para camiñar era necesario mirar ao ceo.

- 4 de decembro de 2019: “Espazos de ausencia e memoria no Camiño de Santiago”.

Antonia Pérez Naya. Doutora en Arquitectura. Profesora da Escola Técnica de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC).

A mesma idea da peregrinación xacobea nace precisamente dun enterramento, dun sepulcro maxestoso. Nesta ocasión serán os cemiterios, ás veces esquecidos, os que nos mostren unha parte esencial do Camiño, de todos os camiños, de todas as historias, para observar a través deles diferentes aspectos da vida e da morte.

- 18 de decembro de 2019: “Transformacións históricas no convento de San Francisco de Betanzos. Séculos XIV-XX

Marta Colón Alonso. Doutora en Arquitectura.

A historia do convento de San Francisco permite coñecer as transformacións ocorridas no edificio e no núcleo poboacional de Betanzos, punto do Camiño Inglés que leva a Compostela -circunstancia fundamental para a súa evolución e desenvolvemento. O relatorio explicará as hipóteses e conclusións desta secular evolución.

- NOVA DATA: 8 de xaneiro de 2020: “Os roteiros do mar, un marco estable de relación no roteiro xacobeo 

Miguel San Claudio Santa Cruz. Doutor en Ciencias da Antigüidade. Director-xerente de Archeonauta. 

Os roteiros marítimos do Camiño de Santiago fóronse escurecendo fronte aos roteiros terrestres. O relatorio presentará os camiños do mar, sempre e en todos os ámbitos importantes para Galicia, e mostrará a relevancia dos camiños nas peregrinacións a través da historia. 

- (*) CANCELADA: “As vías romanas cimentos do Camiño de Santiago: posible reutilización do viario romano en época medieval

José Manuel Caamaño Xesto. Doutor en Arqueoloxía. Profesor Titular xubilado da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Os camiños medievais son en boa parte herdeiros das vías romanas. Algúns deses itinerarios, moi transitados no pasado, foron recuperados na Idade Media como camiños de peregrinación e na actualidade seguen tendo vixencia e cobraron novo vigor. O relatorio falará destas calzadas que son lugar de tránsito de xentes, de ideas, de modas, de mercadorías… En definitiva, vías de contacto desde a Antigüidade. 

(*) Actividade cancelada tras o falecemento do relator.    

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

- Visita guiada a Cásaa-Museo Ramón María Aller en Lalín.

Cecilia Doporto Regueira. Doutora en Historia da arte. Directora de Casa-Museo Ramón María Aller de Lalín.

En complemento á conferencia do día 20 de novembro de 2019, está prevista a visita a Cásaa-Museo Ramón María Aller (Lalín, Pontevedra) para profundar na temática vista durante a charla, na figura deste intelectual e no Camiño das Estrelas. Pendente de data. Prazas limitadas.

- Visita guiada ao convento de San Francisco de Betanzos.

Marta Colón Alonso. Doutora en Arquitectura.

En complemento á conferencia do día 18 de decembro de 2019, está prevista a visita ao convento de San Francisco (Betanzos, A Coruña) para profundar na temática vista durante a charla e coñecer as transformacións realizadas no edificio relacionadas co Camiño de Santiago. Pendente de data. Prazas limitadas.

Lembra que para poder asistir a calquera destas actividades só tes que ser maior de 18 anos e inscribirche na plataforma online. Non necesitas ter ningunha titulación previa nin estar matriculado/a en a UNED.

A inscrición en cada unha destas actividades estará aberta a partir de setembro.

Podes consultar e descargar o tríptico informativo aquí.

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED/UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es
--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es