Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Iniciación á Mediación: Teoría e Práctica (curso 2019/2020)

9 de septiembre de 2019

O primeiro curso do Ciclo de Mediación 2019/2020 comezará o vindeiro venres 20 de setembro en modalidade presencial e online (emisión en directo)

A sede da UNED da Coruña comeza o ano académico cunha nova edición do Ciclo de Mediación. O primeiro curso, "Iniciación á Mediación. Teoría e Práctica (Curso 2019-2020)" celebrarase os próximos venres 20 e 27 de setembro e 04 de outubro. Realizarase en horario de tarde e pode seguirse online (a través de emisión en directo). Esta actividade formativa, que consta de 25 horas lectivas e impartirase en horario de tarde; ademais, solicitouse o recoñecemento de 1 ECTS.

Este curso proporciona a base teórica necesaria para aqueles que queiran acceder aos posteriores cursos que serán impartidos nos diferentes ámbitos da mediación, polo que se recomenda aos/as estudantes interesados/as na realización do ciclo a realización deste curso inicial. 

A mediación é unha ferramenta de resolución de conflitos que persegue alcanzar acordos de forma amigable co propósito de evitar acudir á vía xudicial. Na contorna familiar o procedemento de mediación converteuse nun recurso moi frecuente; colaborar de forma voluntaria entre as partes afectadas para chegar a un acordo e mellorar as vías de comunicación, é un percorrido alternativo eficaz e áxil que esquiva a gravosa vía xudicial.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, Rosa Sánchez González-Dans, avogada e máster en Mediación, cunha ampla experiencia como mediadora, será a encargada de impartir a docencia deste curso.

O Ciclo de Mediación 2019-20 comprende 5 módulos independentes, de 25 horas lectivas cada un, que se poderán realizar de forma presencial ou en liña (emisión en directo)  desde calquera dispositivo con acceso a Internet. Todos os cursos pódense facer de forma independente, xa que non é necesario matricularse en todo o Ciclo para recibir formación específica sobre unha área concreta.

En total ofrécense máis de 100 h de formación teórica e práctica sobre a actividade de mediación en diferentes ámbitos.

Os cursos que conforman o Ciclo están especialmente dirixidos a :.

  • - Estudantes dos graos e másteres en Dereito, Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social, Socioloxía, Criminoloxía, etc.
  • - Profesionais relacionados/as cos ámbitos civil, familiar, educativo e penal.
  • - Persoal da Administración Pública dos ámbitos de Xustiza, Educación, Política Social, etc.
  • - Público en xeral.

Podes consultar e descargar o folleto do ciclo aquí

Podes inscribirte na actividade aquí.  

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es
--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es