Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O vindeiro luns 2 de setembro comezan os exámenes

29 de agosto de 2019

Información e recomendacións para afrontar con éxito as segundas probas presenciais

O vindeiro luns 2 comezan as probas presenciais de setembro, as derradeiras neste curso. Os exames realizaranse integramente na sede do Centro Asociado da Coruña (rúa da Educación, número 3), onde podes examinarte de todas as carreiras que imparte a UNED, incluídas as que non se titorizan no Centro. Lembra que na Aula UNED de Ferrol NON se realizan exames.

Se desexas examinarte noutro Centro distinto ao que estás matriculado debes solicitalo por escrito, á atención do/a Director/a do Centro onde te vas a examinar, xunto cunha fotocopia do resgardo de matrícula.

Os/as estudantes de Grao, Máster Oficial, Cursos de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Centro Universitario de Idiomas da UNED (CUID) dispoñen dunha única semana para realizaren os exámenes das asignaturas pendentes:

  • Semana única de exames: do luns 2 ao sábado 7 de septembro de 2019.

Hai catro sesións ao longo de cada xornada: dúas en quenda de mañá (9:00 e 11:30 horas) e dúas en quenda de tarde (16:00 e 18:30 horas). Consulta o calendario de exames aquí para coñecer cal é a quenda que mellor se axeita ás túas necesidades.

Exámenes de reserva (sábado 7 de setembro):

  • Quendas de reserva para Grados e Másteres:
    • 9:00 h.: Exames celebrados nas sesións do luns, martes e mércores. 
    • 16.00 h.: Exames celebrados nas sesións do xoves e venres.
  • Quenda de reserva para Acceso a Maiores de 25 e 45 anos será ás 16:00h

  • Todos/as os/as estudantes se presentarán á hora de inicio da sesión. 
  • Poderanse realizar un máximo de 3 exames sen interrución durante 4 horas
  • No caso de se presentar a 1 ou 2 exames, o tempo máximo se axustará ao establecido en cada un.
  • Únicamente poderán concurrir aqueles/as estudantes que lles coincidan dous o máis asignaturas no mesmo día e á mesma hora. 
  • As reservas dos/as estudiantes no exterior deberanse tramitar a través da páxina web de Centros no Extranxeiro da UNED (centros.extranjero@adm.uned.es).

É necesario acudir co carné de estudante deste curso académico 2018/2019, acompañado do DNI, documentos que serán requiridos polos membros do Tribunal de Probas Presenciais.

Durante os días de celebración de exames, a sala de lectura da Biblioteca do Centro Asociado da Coruña, permanecerá aberta ininterrompidamente en horario de 9:00 da mañá a 9:00 da noite, de luns a venres.

Desde o Centro Asociado recoméndase que a chegada ás instalacións se faga con 15 minutos de antelación.

  • Para máis información sobre o desenvolvemento dos exames pica aquí.
  • Consulta a guía de como examinarte aquí.
  • Consulta a normativa de revisión de exames aquí.

Desde o COIE do Centro, ademais, recomendámosche que:

Máis información en:

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña (r/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

  • Secretaría da Aula UNED de Ferrol (r/ María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 
-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es