Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"UNED A Coruña En Verde": o Centro lanza unha campaña para reducir o uso de plásticos e fomentar un consumo máis sustentable

2 de septiembre de 2019

Durante o período de matrícula, se compras os teus libros na librería do Centro ¡lévate gratis nosa exclusiva bolsa de tea!

A crecente contaminación por mor dos plásticos e microplásticos é un problema mundial que pon en risco a salubridade do noso planeta. De acordo coas estimacións da ONU úsanse 500.000 millóns de bolsas ao ano; case unha terceira parte de todos os envases de plástico saen dos sistemas de rede de sumidoiros e oito millóns de toneladas acaban nos océanos cada ano, ameazando á vida mariña e o consumo de auga potable; é por iso que en 2019, a cuarta Asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, celebrada en Nairobi, logrou un acordo global para reducir o consumo de plásticos dun só uso.      

Perante esta alarmante situación, dende o Centro Asociado da Coruña queremos achegar o noso gran de area neste labor, alentando á nosa comunidade universitaria a un uso máis responsable dos recursos. Así, iniciamos a Campaña "UNED A Coruña En Verde": durante o período de matrícula, coa compra dos teus libros na librería do Centro regalámosche unha bolsa de tea reutilizable, exclusiva do noso Centro Asociado.      

PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS 

Queremos que as nosas e os nosos estudantes comecen este curso "En Verde", sensibilizadas/os e comprometidas/os coa necesidade de reducir os efectos nocivos dos plásticos sobre o medio ambiente.     

A través de pequenos xestos, como evitar usar bolsas de plástico de forma habitual e substituílas por outras que, ademais, pódense volver utilizar e son máis duradeiras, son accións importantes e sinxelas que cada persoa pode levar a cabo de forma individual e que, en conxunto, contribúen a reducir a contaminación e loitar contra o cambio climático.    

O obxectivo principal desta campaña é concienciar á nosa comunidade universitaria sobre a necesidade de reducir o uso de plásticos dun só uso e buscar alternativas máis sustentables e ecolóxicas

Lembrámosvos que no hall da sede da Coruña tamén hai puntos de recollida de pilas e tapóns de plástico para reciclar.      

¡Comeza este curso En Verde!     

Máis información no servizo de libraría do C. A. UNED A Coruña (rúa Educación 3, 15011 - A Coruña), no teléfono 981 14 59 58 ou no correo electrónico libreria@a-coruna.uned.es.

>>Nota de Prensa<<

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es