Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida. Curso 2019/20: Orientación á matrícula (COIE)

3 de septiembre de 2019

Desde mañá mércores, o COIE amplía o seu horario para asesorar ao alumnado sobre a matrícula na UNED. Asesorámosche na elección dos estudos a través de sesións presenciais desde o COIE. ¡Pide cita xa!

Se tes dúbidas sobre que estudos realizar ou como enfocar a túa carreira, lembra que podes pedir cita no Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) UNED A Coruña. O COIE, a cargo de Nuria Rebollo Quintela, coordinadora deste servizo no Centro Asociado da Coruña, é un servizo con vocación informativa e orientativa destinado a asesorar e guiar aos e as estudantes para enfocar e planificar os seus estudos. 

Como acción complementaria do Plan de Acollida ao alumnado do curso 2019-2020 do Centro da Coruña, durante os meses de setembro e outubro, o COIE reforza a súa atención aos e as estudantes. A través de sesións presenciais e individuais, con atención personalizada, se guía a cada estudante sobre o coñecemento dos estudos para realizar, pero tamén se asesora sobre como organizalos de forma realista de acordo cos intereses particulares de cada estudante. 

Para formalizar esta reunión é necesario pedir cita previamente a través da consulta online do COIE da Coruña, picando aquí ou na dirección de correo: coie@a-coruna.uned.es; tamén podes contactar para recibir orientación no teu correo electrónico. 

Horario de orientación á matrícula:

  • - Mércores 04 de setembro de 2019, de 17:00-19:30h.
  • - Mércores 11 de setembro de 2019, de 09:00-11:30h.
  • - Mércores entre o 16 de setembro e o 31 de outubro, de 17:00-19:00h. 

¡Pide cita xa! Podes facelo picando aquí.

Máis información en:

  • COIE do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación nº 3, 3º Andar - 15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 15 ou no correo electrónico: coie@a-coruna.uned.es 
-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Youtube

Blogue UNED Sénior A Coruña    

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 9:30hs el 8 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es