Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida 2019/20: Sesións Informativas

25 de septiembre de 2019

Organizamos 6 actividades gratuítas para axudarte cos teus primeiros pasos na UNED: coñece a experiencia de outros estudantes, aos teus representantes, os servicios do Centro, a orientación ao estudo do COIE, como funcionan as titorías e a Extensión Universitaria ¡Pódelas seguir tamén online!

As Xornadas de Benvida e as sesións informativas están especialmente dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez na UNED, aínda que tamén poden resultar de interese para aquelas persoas que están a pensar en realizar os seus estudos nesta Universidade. 

As diferentes sesións teñen como finalidade informar sobre os recursos e servizos dispoñibles no Centro da Coruña, ofrecer soporte e axuda para a adaptación e integración académica do alumnado, resaltando as particularidades do estudo na UNED. Queremos facilitar unha rápida adaptación dos nosos e das nosas estudantes á contorna universitaria da UNED e ás posibilidades de atención titorial, presenciais e on-line ás que poden ter acceso.

A asistencia a todas as sesións é gratuíta, aínda que é necesaria a inscrición en cada unha das actividades a través da plataforma on-line. Se non podes acudir ao Centro, pódelas seguir online a través da emisión en directo¡Apúntate xa!

ACCIÓNS DE BENVIDA 

1. Xornada de Portas Abertas 

  • Lugar: Centro UNED Coruña e Aula UNED Ferrol. 
  • Datas: do luns 07 ao venres 18 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 16:00 a 21:00 h. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Máis información aquí.
  • Descarga o tríptico informativo aquí

2. De estudante a estudante: experiencias sobre as oportunidades de formarse na UNED

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: luns 30 de setembro de 2019. 
  • Hora: de 16:30 a 18:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

3. Coñece aos teus representantes: benvida e presentación da Delegación de Estudiantes do Centro UNED A Coruña.   

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: martes 01 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 18:30 a 20:30 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

4. Xornada de Benvida do Centro UNED A Coruña. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 09 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 16:00 a 16:30 h.
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

5. Cómo aproveitar ao máximo os recursos de formación no teu Centro: Titorías, Extensión Universitaria e COIE. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 09 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 16:30 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

6. ¡Coñece o tu Centro! Presentación de servizos do Centro Asociado: secretaría, librería e redes sociais. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: martes 08 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 13:00 a 14:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo.    
  • Inscríbete gratis aquí.

Podes consultar máis información sobre máis actividades do Plan de Acollida do curso 2019/20 pinchando aquí ou descargar el tríptico informativo aquí (tamén podes consultar e descargar tríptico sobre as Xornadas de Portas Abertas aquí).

Bótalle unha ollada ao noso Vídeo de Benvida con máis información aquí

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (r/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

  • - Secretaría do Aula UNED de Ferrol (r/ María, 54 - 15402 Ferrol) en el teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña      

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es